REGULAMENTO DE PRIMARIAS
Unknown21:58

REGULAMENTO DE PRIMARIAS DE MAREA ARTABRA
PREAMBULO
Marea Artabra naceu para construir, dende abaixo, unha alternativa para o goberno municipal de Ferrol que esté á altura das circunstancias, que poña por diante as persoas e acabe cos privilexios dos de arriba. Algo tan simple como reivindicar para a maioría social o que é da maioría social.
Fronte á política que quere converter Ferrol nun camposanto industrial, nunha paisaxe futurista desértica, os ferrolans debemos ter a capacidade de organizarnos, de avanzar en rebeldía e tomar o poder para devolver á Ferrol as cores da cultura, da industria, do asociacionismo e do cooperativismo, un Ferrol participativo e con políticas orientadas por e para a xente do común.
Porque somos cidadáns que queremos un goberno que veña a servir ao concello e non servirse deles, que pensamos que os cargos públicos deben estar ao servizo dos e das cidadáns e non dos seus partidos, que queremos una corporación local que defenda os intereses estratéxicos de Ferrol, que temos a certeza de que alternativas comúns, candidaturas cidadás e plurais a partir do protagonismo directo dos veciños e das veciñas poden devolver o concello á cidadanía.
Por iso Marea Ártabra quere alentar un proceso que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo una candidatura de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia que ten o concello como espazo de participación, transformación e emancipación, proceso que necesariamente debe culminar un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo.
ARTIGO 1. OBXETO
O presente Regulamento ten por obxecto regular o proceso de elección, através de primarias abertas á cidadanía, da candidatura da Marea artabra ás eleccións municipais de maio de 2015 na cidade da Ferrol.
ARTIGO 2. XESTION DO PROCESO
A dirección do proceso electoral e todas as cuestións relacionadas con el correspóndenlle á Asemblea de Marea Artabra, que delegará o seu desenvolvemento nunha Comisión Electoral, creada especificamente para este cometido.
A Comisión electoral estará composta por cico persoas que serán nomeadas pola Asemblea de Marea Artabra. Non poderán formar parte da Comisión Electoral aquelas persoas que participen como candidatas no proceso de primarias.
Funcións da Comisión Electoral:
Velar polo cumprimento do calendario electoral e das normas presentes neste regulamento.
Garantir a todas as persoas aspirantes un acceso equitativo ás posibilidades de divulgación das candidaturas polos medios que se decidan.
Interpretar este regulamento en relación ás posíbeis queixas, denuncias e irregularidades que se poidan dar durante o proceso de primarias, así como resolver aquelas cuestións que non estivesen reflictidas no presente regulamento.
Terá a encomenda de realizar o sorteo para a composición da mesa ou mesas electorais.
Facer público o resultado das eleccións primarias una vez as mesas electorais teñan finalizado o reconto.
A Asemblea de Marea Artabra, a proposta da Comisión Electoral, terá a capacidade de revogar ás persoas aspirantes que non cumpran o presente regulamento das primarias.
Todos os acordos da Comisión Electoral poderán ser impugnados perante a Asamblea de Marea Artabra.
As xuntanzas desta Comisión serán abertas a toda a cidadanía, que coñecerá cunha antelación de 24 horas dentro do posible as datas, horas e lugares onde se celebren. Asimesmo, as súas actas serán públicas e divulgaranse polos medios habituais de comunicación de Marea Artabra.
ARTIGO 3. CENSO ELECTORAL
Poderán votar nas eleccións primarias de Marea Artabra aquelas persoas maiores de 16 anos que sexan residentes en Ferrol ou teñan intereses no concello (traballar, estudar ou desenvolver a súa actividade no concello) e que 5 dias antes do momento da votación estén inscritos no censo de Marea Artabra.
Para poder votar será preciso identificarse co documento de identidade, Carnet de conducir, tarxeta de identificación de estranxeiro ou pasaporte.
Os datos recollidos no proceso de votación serán incorporados e tratados nun ficheiro titularidade de Marea Artabra para o seu uso exclusivo no eido desta iniciativa de acordo co artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de caracter persoal.
ARTIGO 4. CALENDARIO ELECTORAL
O calendario das Primarias Abertas da Marea aRTABRA será o que segue, e de ser modificado por cuestións técnicas deberá manter a súa orde e estrutura:
25 de febreiro. Aprobación do Regulamento de Primarias e elección da Comisión Electorala.
2 de Marzo. Convocatoria oficial das Primarias e apertura de prazo de inscrición para presentación de candidaturas.
10 de Marzo. Data límite para a presentación de candidaturas á cabeza de lista e listas abertas.
11 de Marzo. Proclamación provisional de candidaturas e listas e comunicación de erros para a súa subsanación.
12 de Marzo a 13 de Marzo. Subsanación de erros
14 de Marzo. Proclamación definitiva de candidatos
16 a 19 de Marzo. Campaña electoral
20 de Marzo. Votacións
21 de Marzo. Proclamación de candidatos e presentación publica de candidatos
ARTIGO 5.- REQUISITOS DOS CANDIDATOS
Será elixible calquera persoa que cumpra cos requisitos recollidos nos artigos 177 e 178 da Lei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral e cumpra ademais os seguintes requisitos imprescindíbeis:
a. Ter asinado o Manifesto da Marea Artabra, como compromiso de cumprimento dos seus obxectivos políticos.
b. Manifestar por escrito un compromiso de cumprimento do Código Ético da Marea Artabra.
c. Declarar por escrito que cargos ocupa en organizacións políticas ou sindicais e comprometerse a abandonalos no case de resultar elixida.
d. Estar en posesión dos avais que estabelece o presente Regulamento.
e. Declaración xurada de non estar incurso en todas e cada unha das causas de exclusión.
f. Deixar asinada, así mesmo, a súa renuncia ao cargo obtido que poida resultar do proceso electoral para facilitar a súa revogación no caso de celebrarse un proceso revogatorio con resultado positivo.
g. Se o número de persoas aspirantes non completa un mínimo de 28 precisas para conformar a candidatura municipal, escolleranse, entón, os postos necesarios até alcanzar esa cifra entre as persoas integrantes de Marea Artabra.
h. En prol da igualdade entre os candidatos ás primarias de Marea Artabra, desde o momento en que se presente a candidatura e ate a celebración das primarias, as persoas
candidatas non poderán participar como voceiras de Marea Artabra, outra Organización Política ou sindical en actos públicos destas organizacións
ARTIGO 6. CRITERIOS DE EXCLUSION
1. Non posuirán a condición de elixíbeis as persoas que se atopen nalgunha das seguintes situacións:
a. Ser cargo electo nalgunha outra Administración pública distinta do Concello de Ferrol.
b. Formar parte de candidaturas distintas á da Marea Artabra que concorran ás eleccións municipais do mes de maio de 2015.
c. Estar imputada por delitos relacionados con corrupción, prevaricación, tráfico de influencias, enriquecemento inxusto con recursos públicos ou privados, suborno e malversación e apropiación de fondos públicos, sexa por interese propio ou para favorecer a terceiras persoas.
d. Estar en situación de imputación xudicial por delitos de racismo, xenofobia,violencia de xénero, homofobia ou outros delitos ecolóxicos ou contra os dereitos humanos ou os dereitos das persoas traballadoras.
e. Non ter entregado en tempo e forma a documentación esixida.
2. Entenderase por imputación xudicial a existencia dunha resolución motivada onde un xuíz estime a existencia de indicios racionais de delito. A concorrencia dalgunha destas causas de exclusión ao longo do proceso determinará a anulación da candidatura.
ARTIGO 7. AVAIS
Terán a condición de avalistas as persoas incluidas no censo de Marea Artabra a data 28 de Febreiro de 2.015.
2. Cada avalista poderá avalar unha persoa para a cabeza da lista e outras tres para o resto da candidatura, e nunca poderá avalarse a si mesmo/a.
3. Os avais deberán ser formalizados empregando o formulario oficial e entregaranse acompañados dunha fotocopia do DNI da persoa avalista.
4. Correspóndelle á Comisión Electoral a potestade de validar os avais entregados en tempo e forma e segundo se estabelece no presente Regulamento.
5. No caso de que a Comisión Electoral detecte que unha mesma persoa avala máis dunha persoa para a cabeza de lista e/ou máis de tres persoas para calquera outro posto, comunicarallo ao mesmo tempo que se fai pública a relación de candidaturas. A persoa avalista deberá subsanar o erro antes da proclamación definitiva.
6. Para presentarse a cabeza de lista, a persoa aspirante precisa de 10 avais. Para concorrer a calquera outro posto da lista, a persoa aspirante precisa de 5 avais.
7. Os avais, así como toda a documentación entregada polas persoas candidatas, serán custodiados pola Comisión Electoral.
8. A Marea Artabra, a través do Órgano da Comisión Electoral, garantirá un trato igualitario na difusión de todas as candidaturas e a igualdade de oportunidades en todo o proceso.
9. A Marea Artabra garantirá o respecto á intimidade da persoa candidata, difundindo só os datos que desexe publicar e os meramente obrigatorios.
10. A Marea Artabra porá a disposición da persoa candidata os respectivos formularios para a presentación de avais.
11. Toda persoa que presente a súa candidatura para en cabezar a candidatura de Marea Artabra quedará automaticamento inscrito como candidato para formar parte do resto da lista a non ser que manifeste expresamente o seu desexo de non concurrir no resto da lista.
ARTIGO 8. CAMPAÑA ELECTORAL
a. As persoas candidatas poderán dispor de 4 días para explicar as súas formulacións e pedir o voto no proceso de primarias.
b. A comisión electoral, garantirá en todo caso, un espazo nos medios de comunicación de Marea Artabra para cada unha das persoas aspirantes. A distribución destes espazos será en réxime de absoluta igualdade para cada persoa e en orde aleatoria.
Cando menos os espazos postos a disposición das persoas candidatas serán: Páxina web, páxina de Facebook e perfil de twitter.
Cada unha das persoas aspirantes estará representada por unha fotografía, un breve texto descritivo do seu perfil non superior aos 140 caracteres e un texto maior de 500 caracteres onde poderá expresar a súa visión persoal e por que cre que debe ser merecedora do voto no proceso de primarias.
c. Na medida das posibilidades de organización a Comisión electoral facilitará debates públicos entre as persoas candidatas en espazos accesibles. Todas as persoas candidatas terán dereito a realizar un debate público.
d. Ningunha persoa candidata poderá promover unha campaña paralela, con medios diferentes aos dispostos Marea Artabra en igualdade para o conxunto das persoas candidatas. Expresamente quedan prohibidos os orzamentos particulares das persoas candidatas para divulgar ou promover a súa candidatura. En ningún caso se permitirá o o uso de material propagandístico nin a publicidade pagada.
e. As persoas candidatas comprométense a levar adiante unha campaña que se rixa polos principios de xenerosidade, lealdade, confianza, colaboración e transparencia.
ARTIGO 9. VOTACION
A comisión electoral será a encargada da convocatoria da xornada electoral. A votación realizarase en urna desenvolvendose ao longo de día 20 de Marzo no local que a comisión electoral decida establecer. As urnas abrirán ás 10.00h e pecharán ás 20.00h. Na mesa ou mesas electorais haberá un mínimo de tres persoas que escollerá a Comisión Electoral, que terán a función mínima de presidencia, secretaría e vogalía. Poderán formar parte das mesas electorais todas as persoas que llo soliciten anticipadamente á Comisión electoral e non figuren na listaxe de persoas aspirantes. O local da votación será público e poderán permanecer neles calquera persoa interesada en ser observadora do proceso, identificándose previamente ante a persoa que presida a mesa electoral e sempre que non sexa unha persoa aspirante nin se entorpeza o desenvolvemento do proceso.
O dereito de segredo ao voto estará garantido polos medios loxísticos precisos. Os membros da mesa realizarán o escrutinio, que tamén será público para todas as persoas presentes no momento de pechar a votación.
ARTIGO 10. SISTEMA DE VOTACION
O sistema de voto escollido é o de elexir á persoa que vai ser cabeza de lista de forma separada que ao resto de aspirantes.
a. A votación da cabeza de lista estará regulada polo sistema Borda puro no caso de existir máis dunha candidatura.
No caso de existir unha soa candidatura a cabeza de lista, só se permitirán dúas opcións: votar o/a candidato/a ou votar en branco.
De existir dous/dúas candidatos/as, resolverase por voto simple.
De existir tres ou máis candidaturas para encabezar a lista empregarase o método Borda puro. De acordo con este método, sexan cales sexan as opcións a escoller, o elector ou electora debe votar por tres das opcións. Os votos son ordenados e obrigatorios, de xeito que a primeira opción escollida suporá 3 puntos, a segunda 2 e a terceira 1.
b. Resto de aspirantes: cada persoa poderá elexir ata un máximo de 8 aspirantes. As persoas aspirantes deberán ir en orde de preferencia numerados desde o 1 ata o 8. O sistema escollido para realizar o reconto desta lista de aspirantes será o Dowdall. (1 punto para a persoa en primeira posición, ½ para a que vaia en segunda posición e así sucesivamente ata 1/8 para a persoa que vaia na octava posición).
Este sistema responde ao principio de adscrición individual, horizontalidade, democracia e dá representación da pluralidade de persoas que participan no proceso.
Asimesmo trátase dun sistema de doada comprensión fomentando así a participación da cidadanía.
c. As papeletas de votación incluirán os nomes e apelidos de todas as persoas candidatas ordeados alfabeticamente a partir dos apelidos dunha das persoas aspirantes que sairá por sorteo. Nas papeletas de votación presentarase ao carón do nome e apelidos de cada persoa unha caixa onde se indicará cun número a opción preferida e outra caixa ao seu
carón para aquelas persoas que aspiren a encabezar a candidatura, onde se marcará tamen cun número a opción preferida.
ARTIGO 11.ESCRUTINIO
a. Unha vez rematadas as votacións, a persoa que presida cada mesa electoral procederá á apertura de urnas e ao reconto das papeletas co apoio dos membros da mesa.
b. En primeiro lugar recontaranse os votos do grupo de persoas candidatas para encabezar a lista ordenándoas de maior a menor.
c. En segundo lugar realizarase o reconto da puntuación obtida polas persoas aspirantes a conformar o resto da lista usando o método Dowdall e ordenaranse de maior a menor.
d. Rematado o escrutinio comunicaralle os resultados Á Comisión electoral que será a encargado de facela pública en todos os medios dispoñibles así como de transmitir o resultado ás persoas elixidas.
ARTIGO 12. CONFECCION DA CANDIDATURA
Inmediatamente finalizado e publicado o resultado do escrutinio, a comisión electoral confeccionará a candidatura segundo os seguintes criterios:
a. A persoa con maior número de votos na lista para encabezar a candidatura será a designada para ir no número 1 da candidatura de Marea Artabra.
b. A continuación aplicarase o criterio corrector para promover o equilibrio de representación por xénero. Establécese que os primeiros 5 postos da lista seguirán un sistema de cremalleira puro e para o resto da lista manterase a proporción 60-40 por tramos de 5 tal e como establece a lexislación vixente
c. Seguidamente serán designadas as 25 persoas que conformarán a candidatura máis as 3 persoas suplentes.
d. No caso de empate no número de votos a orde da listaxe resolverase mediante un sistema de sorteo.
ARTIGO 13. REVOGACION DAS PERSOAS ELEXIDAS
a. No caso de detectarse algún tipo de irregularidade legal ou incompatibilidade co código ético de Marea Artabra por parte dalgunha das persoas elixidas estas poderán
ser revogadas segundo o procedemento descrito a continuación, compatible e complementario ao Código Ético de Marea Artabra:
- A comisión electoral poderá actuar de oficio se detecta algunha das irregularidades anteriormente descritas e promoverá á Asamblea de Marea Artabra a revogación de calquera persoa membro da candidatura.
- Calquer persoa que participara no proceso de primarias poderá facer chegar un escrito revogatorio á comisión electoral para que o estude e no seu caso o teña en consideración.
- A comisión electoral fará chegar á persoa revogada un comunicado no que se lle informe do inicio do proceso revogatorio.
- A persoa revogada terá un prazo de 48h para respostar e exercer defensa, no seu caso, fronte a súa revogación.
- Pasado ese prazo de 48h a Comisión electoral electoral levará á Asamblea de Marea Artabra o recurso revogatorio.
b. No caso de que algunha das persoas que integran a candidatura sexa finalmente revogada a lista correrá e completarase segundo os criterios xerais establecidos nos puntos 11 e 12 deste regulamento.
ARTIGO 14. PRESENTACION DA CANDIDATURA
a. Correspóndelle Á Comisión Electoral a obtención e custodia da documentación das persoas candidatas: declaracións asinadas e fotocopia lexible do DI por ambas caras así como a presentación en prazo e fo rma ante a xunta electoral competente.
b. A candidatura de Marea Artabra será presentada o sábado 21 de Marzo nun acto público que será anunciado en tempo e lugar con suficiente antelación.