Marea Ártabra Ferrol, reuniuse con a Federación de ANPAS de Ferrolterra
Unknown17:53


Actividades extraescolares con enfoque intercentros e xestión pública dos comedores, ofertas da Marea no seu Programa de Educación.

A Marea mantivo entrevista coa Federación de Anpas de Ferrolterra, onde intercambiaron opinións a respecto dos distintos programas, que segundo A Marea Ártabra, “encaixan nunha porcentaxe bastante alta”.

A Marea comparte moitas das preocupacións que a Federación de Anpas reflicte no programa que, de cara ás municipais, está presentando ás distintas forzas políticas da cidade que van concurrir ás municipais.

A Marea tamén aposta pola activación do Consello Escolar Municipal, aumentando as súas competencias e transversalidade, tanto na representación como na acción sobre a política educativa municipal.

Outro tema sobre o que se debatiu nesta reunión foi sobre a oferta e xestión das actividades extraescolares. A Marea plantea unha xestión pública e enfoque intercentros, que aumentaría a oferta e optimizaría recursos.

A Marea aposta pola xestión pública tamén á hora de organizar os comedores escolares, pois os considera como un espazo educativo máis.

Impulsará a xestión dos comedores escolares mediante a creación dunha cociña municipal para todos os comedores escolares xestionados polo Concello, onde ademáis se priorizará o consumo de produtos locais e saudables.

A reivindicación dun Conservatorio de Danza ou a necesidade dunha planificación para optimizar os traballos de mantenimento e rehabilitación das instalacións escolares, son outros dos eixos do Programa de Educación de A Marea, que no día de onte, tivo a oportunidade de confrontar coa Federación de Anpas da nosa cidade.


Marea Ártabra presenta o apartado "Persoas Maiores" do seu programa o Venres 24 ás 12h en rolda de prensa
Unknown10:34


Marea Ártabra convoca unha rolda de prensa para maña Venres 24 de Abril ás 12 horas na Galeria Sargadelos para presentar publicamente o apartado do seu programa correspondente a Persoas maiores 

Esperamos a vosa presenza,

MAREA ÁRTABRA PRESENTARÁ O SEU ORZAMENTO E GASTOS PARA A CAMPAÑA ELECTORAL EN ROLDA DE PRENSA
Unknown12:23

Unha das principais caracteristicas de Marea Artabra é a transparencia total nas súas actuacións.

En base a iso Marea Artabra convoca a todos os medios de comunicación a unha rolda de prensa que terá lugar o Venres 17 de Abril ás 12,30 horas no seu local electoral sito na Rúa Rochel 14 con entrada tamén por Rúa Magdalena 5 para presentar publicamente o seu Orzamento de Gastos para a campaña electoral das eleccións municipais e a súa forma de financiación.