CANDIDATOS A CABEZA DE LISTA
Unknown11:09

LUCIA VIZOSO AMADO

Son Lucia, unha muller de 53 anos, filla de obreiros e neta de emigrantes a America ós empezos do século XX. Son enfermeira e poiden estudiar en Santiago porque concederonme una beca.
Formo parte da Marea porque a partires do 15 de maio do ano de dos mil once fun consciente da situación na que vive o Estado Español e sentinme identificada coa xente que amosaba a súa indignación nas prazas.
Decidín unirme á súa resposta, funme indignando mais e mais a medida que veía como os nosos gobernantes se corrompían e entregaban a riqueza a bancos e multinacionais, deixando á maioría da población na pobreza e nunha situación cada vez mais precaria.

 

ISMAEL GONZALEZ BOUZA

Son Licenciado en Humanidades e Técnico en Deseño e Produción Editorial. Teño unha pequena empresa de artes gráficas cun sócio na rúa María. Participo dende hai anos no movemento ecoloxista ferrolano dende Verdegaia, e antes en Adega, ademáis de tomar parte do tecido cultural da cidade.

Visión persoal da Marea

A Marea Ártabra asume no seu manifesto fundacional ser un lugar para os cidadáns: “Precisamos dunha marea cidadá que poña por diante as persoas e acabe cos privilexios dos de arriba”. Isto significa que non é un lugar para os partidos políticos (ainda que decidíramos tomar parte no proceso electoral de forma instrumental) ou as organizacións sociais, que xa teñen os seus propios foros, que respectamos. Neste sentido o manifesto di: “alternativas comúns, candidaturas cidadás e plurais a partir do protagonismo directo dos veciños e das veciñas”. Se non tivese saída electoral, cada paso que tivésemos dado tería sido un paso adiante, no camiño dunha maior esixencia a nós mesmos, aos partidos políticos e ao próximo goberno municipal.
Sen embargo, hai unha necesidade de capital humano que asuma o inmenso traballo que nos espera. Se queremos que sexa a orixe dunha fronte amplia en Ferrol debemos procurar que todo o noso proxecto naza da participación e que a confección de horarios para as asambleas e para grupos de traballo non impida a participación de determinados sectores sociais e privilexie outros. Débese permitir conciliar a vida persoal coa participación cívica.
A Marea é un ámbito de discusión do que se refire á xestión dos servizos municipais, ás políticas de mobilidade e de vivenda, ao urbanismo, á promoción económica e o emprego, as cuestións patrimoniais, culturais e medioambientais, e ás políticas sociais locais. Alén disto, deberíamos partir de buscar o acordo, non a diferencia, sobre propostas de mínimos e non de máximos. Buscar a unidade de pensamento e acción e non a pureza ideolóxica. Esto é o que está a demandar actualmente a cidadanía, non escoitala é un suicidio político.
A toma de decisións da Marea Ártabara ten que ser un exemplo de transparencia, de independencia e de integridade na loita social. O seu propio nome, o seu calendario de actividades, as comunicacións públicas, a elección das persoas que a representan... todas esas cousas deben ser decisións asemblearias, para que poidamos dicir que é voz de cidadanía.

 

 BEGOÑA HERMIDA PEREZ

Nacín nas últimas rabexadas dos anos 60, só uns meses antes de que en Europa a xente comezase a saír á rúa a pedir un cambio. Era a época do Baby-Boom en España, son a terceira de catro irmáns, nacidos nunha familia típica de pais criados no franquismo. Pai traballador do estaleiro e nai ama de casa. A miña nai tivo catro fillos en cinco anos, e aínda así conseguiu manter a cordura.
A miña familia e eu fomos dos primeiros ocupantes do barrio de Caranza a principios dos 70, barrio no que volvín a vivir recentemente.
A miña época de estudante o recordo con agarimo, primeiro no Santa Juana de Lestonnac, onde tamén tocaba a frauta na rondalla e inicieime no baloncesto, deporte que practiquei até a miña entrada na universidade, tanto nas ligas escolares como, durante un par de anos, no OAR.
Estudei tanto no colexio como no instituto nesa época na que os centros eran femininos ou masculinos, nunca mixtos.
Fuí adolescente no Ferrol dos 80, época convulsa na nosa cidade. Espertando a nosa recentemente estreada democracia, recordo como os estudantes nos encerrabamos no instituto para levar a cabo toda clase de reivindicacións, pero tamén lembro longas tardes, ombreiro con ombreiro co meu pai en manifestacións para parar a reconversión industrial, tan daniña para a nosa cidade.
A reconversión seguiu adiante pero esas tardes uníronme ao meu pai en ideas e maneiras de actuación, de forma única.
Ferrol era divertido nesa época, cheo de vida e xente nas súas rúas, con todos os seus comercios abertos, o centro estaba vivo, e convidaba a vivilo.
Ao terminar o instituto me fuí a estudar a Salamanca, á facultade de Xeografía e Historia, época que lembro con moitísimo agarimo, bos profesores e bos amigos que aínda conservo. Nesa época colaborei coa Biblioteca nacional na catalogación de fondos bibliográficos anteriores ao s. XII, como actividade extracurricular. Especialiceime en Historia Antiga e Arqueoloxía, terminei a carreira chega de ilusións e moi pouco futuro laboral?Casei e tiven un fillo, e mentres tanto me seguì formando en campamentos arqueolóxicos de verán, e entón chegou o ano 2000 e empeza a intuírse a burbulla inmobiliaria, nesa época voume a vivir a Barcelona co meu fillo e o meu marido e empezo a traballar de arqueóloga. Só un ano despois de chegar a Barcelona, divórciome e convértome, da noite para a mañá, en nai solteira, o traballo de arqueóloga era moi inestable, así de que pronto me atopo en risco de exclusión social, traballo vendendo pisos, colócome nunha fábrica, o que sexa para poder pagar teito e facturas. Mentres tanto a burbulla inmobiliaria vai crecendo e, ligado a ela, aumenta o traballo en arqueoloxía, vólvese estable, así que consigo vivir dela durante anos, ao final a burbulla estala, e un tempo despois, no ano 2012 estala tamén o soño de vivir da miña profesión.
Durante todo este tempo colaboro como voluntaria para a ARMH na exhumación de fosas comúns de vítimas do franquismo, esta actividade demóstrame que as feridas non están pechadas, que, como di Almudena Grandes, o corazón aínda está xeado? Recentemente tamén entrei en contacto coa ARDF para realizar a mesma actividade, esta vez en Galicia.
Unha vez que se acaba a miña estabilidade traballando como arqueóloga tento reciclarme e monto un hotelito rural, que funciona tan ben, que ao ano de estar aberto, os donos atopan un buraco legar no contrato e úsano para quedarllo. Así que volvo a Ferrol, despois de 14 anos de ausencia, e a cidade que me atopo non se parece á cidade na que crecín, a miña indignación crece e decido que é o momento de actuar por min mesma non de esperar a que alguén o faga por min, así que me implico nos novos movementos que xorden en Ferrol porque creo que necesitamos unha nova forma de facer política, de facer as cousas para que os resultados sexan diferentes.
Con Marea Artabra e a axuda de todos Ferrol rexurdirá máis forte que antes.

JOSE MARIA HERNANDEZ ROCA

Actualmente estou a traballar dende hai seis anos como empregado público na administración autonómica e con destino definitivo en Santiago. Tamén participo no tecido asociativo de Ferrol.

Visión persoal e por qué creo que debo ser merecedor do voto nas primarias

Penso que a Marea é un instrumento para fomentar de xeito asembleario unha cidadanía activa que participe dos dereitos e obrigas que a vida en sociedade leva consigo. Considero que fomentar unha cidadanía capaz de tomar decisións honestas e intelixentes estaría na base dos seus principios, antes mesmo que a ideoloxía política da mesma, que xa se iría conformando a medida que se fose sumando a vecinanza de Ferrol. Por iso, entre os seus fins deberían de estar os de buscar canles participativas para que todo tipo de veciño/a puidera facer aportacións á vida pública da súa cidade independentemente das súas circunstancias persoais e familiares. Outro das finalidades sería o da creación de emprego, utilizando para iso as ferramentas que brinda a Economía Social e Sostible, que tería como un dos seus eixes fórmulas xurídicas que facilitaran a autoxestión das empresas por parte dos traballadores.
Pola propia filosofía deste movemento, non creo que haxa motivos diferentes aos do resto dos meus compañeiros para ser merecedor do voto no proceso de primarias
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter