A Marea Ártabra apoia a mobilización convocada en Ferrol pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, en protesta pola reforma da lei que pretende levar ao congreso o Partido Popular.
Marea Ártabra estará na concentración deste martes 14 de abril, ás 8 da tarde na Praza do Concello. O Partido Popular pretende cambiar a lei que regula o aborto voluntario, restrinxindo o dereito que recoñece a lei en vigor, para que todas aquelas menores, entre 16 e 17 anos, que así o soliciten, poidan acollerse a exercer o seu dereito a interromper o embarazo sen o consentimento dos seus titores.
Desde a entrada en vigor da actual lei de prazos, as menores que se acolleron a esta circunstancia, foron un porcentaxe ínfimo, tratándose de menores en risco familiar, con procesos de violencia intrafamiliar, e outras situacións que así o demandaban.
O Partido Popular pretende usar a estas menores como unha moeda de cambio fronte a unha parte do seu electorado, para paliar o que foi a caída do ministro Gallardón e o seu intento por retrotraer a lei a niveis dos anos 80.Ferrol, 14 de abril de 2015
A MAREA ÁRTABRA APOIA A MOBILIZACIÓN CONVOCADA EN FERROL POLA PLATAFORMA GALEGA POLO DEREITO AO ABORTO
Unknown17:53
Na Categoría :
COMUNICADO
Que é a Marea?
Marea Ártabra
quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais,
un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo.
Facebook e Twitter
COÑECE A MAREA
Calendario da Marea
CONTACTO
Formulario
LOCAL ELECTORAL:
Rúa Rochel, nº5 e Magdalena nº14.
TEL. 633 352 131