#MareaÁrtabra pide, no barrio do Inferniño #Ferrol, crear unha Oficina Municipal de #Inmigración
Unknown11:27


A avogada Maite Bustamante e a activista Susana Alaniz, centraron a mensaxe da Marea en canto á realidade que viven as persoas inmigrantes e a política municipal. “Nada cambiará ata que non consigamos ver ás persoas inmigrantes como un veciño, unha veciña máis”, asegurou Maite Bustamante. “A Lei de Estranxeiría, ou a Lei Mordaza, van ter unha implicación directa dos concellos na súa aplicación” insistiu para sinalar a importancia destas eleccións municipais.

“A Marea sabe que a integración e os dereitos das persoas inmigrantes, non se conseguen con discursos e promesas senón con políticas concretas” aseguraron na súa intervención. “Hai que crear no concello unha Oficina Municipal de Inmigración con todos os recursos necesarios, incluíndo unha persoas especializada en mediación inter-cultural”, asegurou Maite Bustamante pertencente á Marea Atlántica que acompañou a Susana Alaniz, número 11 na candidatura de Marea Ártabra.

“Búscase o sensacionalismo da grande fosa común na que se está a converter o Mediterráneo” asegurou Susana Alaniz, que ademais de facer da súa intervención unha oportunidade para concienciar sobre a situación na que se encontran as persoas inmigrantes, asegurou que en Ferrol, e moito máis claramente no barrio do Inferniño, “non ten cabida o racismo nin a xenofobia”, en alusión á pintada aparecida nos muros do parque de Porta Nova, que dias atrás denunciaba a Marea.

Un minuto de silencio e a repulsa da violencia machista, no acto de Marea Ártabra no Inferniño.

A Marea Ártabra gardou un minuto de silencio e pediu a participación no acto convocado para hoxe na Praza do Concello de Ferrol ás 8 da tarde, en repulsa polo asasinato machista da veciña de Ourense, Isabel Fuentes, convocado pola Marcha Mundial das Mulleres.

Paula Meizoso asegurou que a Marea non ía paralizar os seus actos electorais porque pensaba que eran unha oportunidade de concienciación e reivindicación para acabar coa violencia machista.

Deste xeito, o que en principio ía ser un acto dedicado a falar sobre a situación das persoas inmigrantes, abriu un espazo para mostrar a repulsa da Marea polo cruel asasinato de Isabel Fuentes, e o compromiso contra a violencia machista.
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter