Todas as reunións da Marea Ártabra, sexan Asembleas, Coordenadoras ou Comisións de Traballo son de carácter aberto.

Para garantir a posibilidade de que poidamos asistir todos e todas, tentaremos anunciar con toda a antelación posible as súas convocatorias.

Ademáis de enviar correos electrónicos recordatorios a todas as persoas que participemos da Marea Ártabra, crearemos eventos no Facebook e incluirémolos no calendario deste Blog.
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter