Comunicado crise da auga en Ferrol
Unknown23:46



O pasado dia 16 Xullo tivemos coñecemento a cidadanía de Ferrol, de que a auga corrente non era apta para o consumo en razón dunha contaminación por trihalometano.


                                 Precisamente ese día ás 10:30 horas unha delegación de MAREA ARTABRA tiña concertada  unha xuntanza no Concello  co Alcalde, xuntanza que tivo que ser suspendida debido a que este problema requiría a intervención directa de Jorge Suárez.  Nesa xuntanza, que quedou adiada, un dos asuntos principais  que Marea Ártabra  íamos trasladarlle ao Alcalde, tiña que ver coa xestión da auga en Ferrol e o noso compromiso de colaborar activamente para poñer os medios e dar os pasos necesarios para a remunicipalización da súa xestión.


                                 Os datos que imos coñecendo sobre este asunto -e que mesmo motivan a  actuación da Fiscalía- reafírmanos na reivindicación de que o servizo de augas do Concello  de Ferrol debe ser canto antes remunicipalizado, e prescindirse da parte empresarial privada que SEMPRE vai pór por diante o  seu beneficio económico antes que o interese xeral e os dereitos da cidadanía.

Ferrol, 18 de xullo de 2015

MareaÁrtabra# ante a celebración do Referendo en Grecia
Unknown13:28


Este domingo o pobo de Grecia está chamado a pronunciarse en referendo sobre cal debe ser a saída á situación que unha debida impagable, e unhas condicións de reformas austericidas impostas pola Troika, o levaron a situacións tan extremas, como que nestes momentos, o 60% da poboación vive en situación de pobreza ou pobreza extrema.

O modelo de unión económica e monetaria europeo, dirixido polos austericidas financeiros, e o triángulo mortal representado pola Comisión Europea, o Banco Europeo e o Fondo Monetario Internacional, van ter no referendo deste domingo un capítulo fundamental, ou ben para reforzarse co Si, ou ben para ser cuestionado e comezado a deconstruir co Non.

A Marea Ártabra entende que o goberno grego está demostrando que sen a participación da cidadanía nas decisións políticas, é imposible levar adiante cambios de rumbo que modelen sociedades máis xustas, democráticas e libres. A Marea Ártabra tamén é consciente que os referendos son unha ferramenta, mais non a única nin suficiente para articular o proceso que transforme as democracias europeas, de representativas a participativas.

A Troika intenta impoñer en toda a Unión Europea un modelo social, político e económico que manteña os privilexios da minoría a costa dos dereitos e necesidades da maioría. Un modelo que está perfectamente desenvolvido no chamado TTIP, que estes meses está tratando de saír adiante con total opacidade e mesmo paralizando votacións no Parlamento Europeo.

A Marea Ártabra, consecuentemente co anterior analizado, vai participar o próximo sábado na concentración de solidariedade co pobo grego, en apoio ao Non, #OXI, no referendo do próximo domingo. Concentración que vai ter lugar na Praza do Concello desde as 12 do mediodía.

#MareaÁrtabra #Ferrol propón crear un plan socio-comunitario para Recimil, rehabilitar por fases e destinar parte das vivendas a usos da Universidade.
Unknown11:01


A Marea Ártabra fixo un encontro coa veciñanza no Barrio de Recimil,

Neste encontro presentáronse as proposta que a Marea Ártabra ten para este barrio.

Chema Hernández, candidato a alcaidía, propón a "creación dun Plan Integral de Rehabilitación por fases do barrio de Recimil, priorizando a súa cualificación enerxética e a accesibilidade das vivendas".

Lucía Vizoso, número 2 da candidatura, falou da conveniencia de "crear un plan socio-comunitario para atallar os problemas do barrio e diversificar o uso da zona chegando a acordos para destinar parte das vivendas a usos da Universidade".

Fernando Armesto, número 5 da candidatura, falou de "necesidade de conveniar co IGVS a creación dun ente xestor dun banco único de vivenda pública en alugueiro no barrio de Recimil".

Desde Marea Ártabra valoramos moi positivamente os encontros que estamos a ter coa cidadanía de Ferrol, nos distintos barrios. Nos encontros, estamos a repartir unhas tarxetas onde cada cidadá e cidadán pode expoñer as súas propostas, recolleremos todas estas propostas as cales servirán para ampliar e enriquecer o programa electoral.

#MareaÁrtabra #Ferrol "Si Feijoo ten tempo para apoiar a Rey Varela e vender fume, ten tempo para reunirse co #Naval"
Unknown11:36


​Marea Ártabra portaba unha rede como símbolo dunha cidade que non renuncia a ser unha cidade do mar, a construcción naval, a riqueza da ría, pesca e marisqueo, o patrimonio natural e paisaxíistico...
todo o que simboliza a potencialidade de Ferrol que defende a Marea Ártabra.

Marea Ártabra apoiou e participou na manifestación convocada polos comités de empresa e delegados e delegadas de Navantia e industria auxiliar para o día 10 de Maio en Ferrol, en esixencia de carga de traballo real para o sector naval.

A reactivación da construción naval civil significaría a redución drástica do paro na nosa cidade e comarca, e agora é posible unha vez rematado o veto imposto pola UE e sempre que sexa aceptado polo goberno de Madrid,
"Marea Ártabra esixe que se adopten as medidas necesarias para que os estaleiros da nosa ría estean en disposición de acceder a ese mercado de construción civil de barcos, mercado que está en alza."
Tamén reiteraron que apostan porque ao redor da construción naval se desenvolva unha industria que fabrique os compoñentes necesarios para os barcos e que non son propios dun estaleiro, pechándose así un ciclo produtivo e económico que non só cree máis emprego senón que ademais xere valor engadido.

Marea Ártabra tamén cree que é urxente a diversificación da comarca e polo tanto son necesarias medidas que xeren postos de traballo en outros sectores que non son os do naval.

É urxente un gran Plan de Emprego para Ferrol-Terra, e Marea Ártabra así o pelexará dende o Concello de Ferrol, procurando tamén a unidade de acción política e institucional de tódolos Concellos da comarca, coa permanente mobilización social, de xeito que esa constante presión para cos Gobernos Autonómico e Central faga inevitábel e impostergábel que ambos acometan esas medidas que a cidadanía demanda.

Marea Ártabra lembrou que Núñez Feijoo, vai estar en dous actos electorais do PP en Ferrol;
"Si Feijoo ten tempo para vir á nosa cidade a vender fume, emprazámolo para que inmediatamente despois da manifestación do domingo sinale día e hora para reunirse cos Comités de Empresa do Naval e que esas xuntanzas dean paso a outras para concretar co conxunto da sociedade ferrolá feitos e non promesas".