Comisión de Comunicación. 01. (22-12-14)
Unknown23:13

Acta.

Data: 22/12/14
Lugar: Ateneo Ferrolán
Hora: 20.00 h
Asistentes: Bernardo Cuétara, Ismael González Bouza, César Manso, máis tarde se incorporan Manuel Rodríguez e María Isasi

Temas abordados:
  • Revisión de todas as ferramentas de comunicación das que se dispón. Claves de acceso ás contas de Facebook, Twitter, páxina web e correo-e.
  • Quedamos en revisar cada quen para falar de posibles melloras na próxima xunta.
  • Poñer en marcha unha mecánica de funcionamento para facilitar a comunicación entre os membros da marea, por unha banda, e de cara a atraer novos interesados por outra banda.
  • Se propón seguir os seguintes pasos:
  • (1) facer unha convocatoria por cada reunión (comisións de traballo, asembleas de barrio, asembleas da marea, …) coa máxima difusión e con prazos folgados para fomentar a asistencia;
  • (2) difundir imaxes das reunións para fomentar a vinculación das persoas co traballo que desenvolven;
  • (3) difundir os temas abordados en cada reunión de forma breve.
  • Para desenvolver o punto anterior precisaremos contar coa colaboración dos diferentes grupos de traballo e proponse contactar cun representante (designado por cada grupo de traballo) de cada ún deles para ter unha visión do traballo que desenvolven.
  • Deseño de cartaces: se valora facer un cartaz xenérico cunha banda para personalizar o motivo da convocatoria: asembleas de barrio, comisións de traballo, asembleas da marea,…
  • Se buscará información sobre prezos, tirada e calidades.
  • Deseño de flyers: se valora facer tamén una tirada de volantinas que aborden as temáticas por áreas nas que queremos que a cidadanía se involucre, con referencia a como poñerse en contacto coa Marea en caso de querer participar.
  • Crowdfunding: se recabará información para poñer en marcha unha campaña de crowdfunding coa que resolver os compromisos económicos que xere a Comisión de Comunicación.
  • Convócase a seguinte reunión da Comisión de Comunicación para o día 29 de decembro de 2014, ás 20.00 horas, no Ateneo Ferrolán e péchase ás 22.00 horas esta primeira sesión.
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter