Acta.
Data: 23/12/14
Lugar: Ateneo FerrolánHora: 20.15 hh.
Asistentes: Bernardo, César e Chema. Infórmase que Jorge e Maria disculpan a súa presencia por diversos motivos.
Temas abordados:
- Iníciase a reunión expoñendo os puntos máis urxentes que ten que aclarar a Marea Ártabra chegandose ao acordo de que estos temas son: A forma xurídica de presentarse ás eleccións, o tema do financiamento da Marea Ártabra, a realización dun código ético, ter confeccionado un regulamento para cando haxa que escoller a candidatura e un Regulamento para a Asemblea e as diferentes Comisións da Marea.
- Asi mesmo indicase que vai sendo necesario visualizar á Marea en determinados temas de política municipal, indicándose a modo de exemplo o tema do transporte público en Ferrol (por ter saido prácticamente en todas as Asembleias de Barrio) ou o tema do saneamento e mais en concreto a imposición da Taxa de saneamento que ten acordado o Goberno Municipal de Ferrol.
- Acórdase que para a Asemblea Ordinaria do día 28 de xaneiro teria que levarse xa un avance dalgún destes puntos como o do financiamento, tendo en conta que este tema en concreto vai ter que estar actualizándose continuamente.
- Acordase que no tema da forma xuridica César e Maria elaboren un primeiro borrador, que Chema se encargue de comezar a estudar o tema de financiamento e do código éticoo utilizando como base o aprobado por Guanyem Barcelona e que Bernardo elaborará os borradores das primarias e do regulamento da Asemblea.
- Ponse como data para ter elaborados e enviados por correo a todas as persoas da Comisión estos borradores o día 10 de xaneiro e propor que a Asemblea extraordinaria que discuta a forma xuridica da Marea se celebre o 5 de febreiro.
- Acórdase ter unha próxima reunión da Comisión de Organización o martes 13 de xaneiro ás 20:00 horas no Ateneo de Ferrol.