Acta da Coordendadora. (26-01-15)
Unknown12:47

Acta.

En Ferrol sendo as 20 horas, do 26 de xaneiro de 2015, reúnese a Coordinadora de Marea Ártabra nas dependencias do Ateneo coa presencia de Ismael, Dulce, Manu, Lucia, César e Maria coa seguinte Orde do Día:
  1. Lectura da acta da coordenadora anterior
  2. Asemblea de barrio do Inferniño
  3. Asemblea Ordinaria
  4. Próxima Coordenadora
1.- Lectura da acta da coordenadora anterior
Procédese a dar lectura á acta da Coordenadora celebrada o día 12 de Xaneiro que é aprobada por unanimidade.

2.- Asemblea de barrio do InferniñoAntes de entrar no debate do segundo punto por parte de Dulce se pregunta quen forma parte do grupo de comunicación e quen decidiu o exposto na Rolda de Prensa, entrándose nun debate sobre transparencia, participación, etc. no que participan todos os asistentes manifestando que as reunións da Marea son abertas para que poda asistir calquera persoa e as actas publicítanse na paxina web da marea.

Unha vez finalizado ese debate éntrase no 2ª punto indicándose que Mel encargouse do reparto de carteis e que o formato será o mesmo que o utilizado na Asemblea da Magdalena e de Esteiro

3.- Asemblea Ordinaria
Apróbase propor á Asemblea o seguinte Ordo do Día:
  • Lectura da Acta da Asamblea anterior, 
  • Elección da data da Asamblea extraordinaria, 
  • Regulamento da Marea, 
  • Fixación da data da próxima Asamblea Ordinaria. 
Asimesmo proponse que a Mesa estea formada por Dulce e Manu.

4.- Próxima Coordenadora Fíxase como data para a próxima Coordenadora o día 9 de febreiro.

E sen máis asuntos levántese a reunión sendo as 21,15 horas.
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter