CONVOCATORIA DA VI ASEMBLEA XERAL DA MAREA ÁRTABRA
Unknown01:43

O mércores, 28 de xaneiro, no C. C. Carvalho Calero, ás 19:45 hh., celebraremos a VI Asemblea da Marea Ártabra de Ferrol.

A Coordenadora da Marea proporá como compoñentes da Mesa inicial a dúas persoas. Coma en ocasións anteriores, poderán incorporarse á Mesa persoas propostas desde a mesma Asemblea.

Despois de ratificar a Mesa, aprobarase a Orde do día. Neste sentido, a Coordenadora propón incialmente as cuestións seguintes:
  1. Lectura e aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores.
  2. Decisión sobre a Data da Asemblea Extraordinaria pendente.
  3. Discusión e aprobación do Regulamento Básico de Funcionamento da Marea.
  4. Elección da data da próxima Asemblea Ordinaria.
Con respecto ao debate pendente proposto na Asemblea anterior (decisión sobre a lingua vehicular da Marea), enténdese que está recollido na Discusión do Regulamento.

Vémonos na Asemblea para seguir avanzando.
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter