Acta.
Data: 16/01/15Lugar: Ateneo Ferrolán
Hora: 20.15 h
Asistentes: Ismael González, César Manso, Bernardo Cuétara e Lucía Vizosoe Manuel.
Temas abordados:
- Decídese, antes de nada, tentar aclarar todo o calendario de actividades próximas, co obxecto de facelo chegar ao conxunto de participantes na Marea, difundir progresivamente os eventos no Facebook, e tentar cumprir coas encomendas da última Asemblea.
O calendario resultante queda deste xeito:
- LUNS 19 XANEIRO
- 19,30- COMISION DE CULTURA NO ATENEO
20,00- COMISION DE ORGANIZACION NA ASOCIACION VECIÑAL DE ESTEIRO
MARTES 20 XANEIRO
20,00 COMISION DE MEDIO AMBIENTE
MERCORES 21 XANEIRO
20,00- ASEMBLEA DE BARRIO DA MAGDALENA EN SARGADELOS
DOMINGO 25 XANEIRO
12,00 ASEMBLEA DE BARRIO DE ESTEIRO
LUNS 26 DE XANEIRO
20,00 COORDENADORA NO ATENEO
MARTES 27 XANEIRO
20.00 ASEMBLEA DE BARRIO DO INFERNIÑO NO CARVALHO CALERO
MERCORES 28 XANEIRO
19,45 ASEMBLEIA XERAL ORDINARIA NO CARVALHO CALERO
LUNS 26 XANEIRO
20,00 COORDINADORA NO ATENEO
XORNADAS DE DEBATE SOBRE A FORMA XURIDICA (PENDENTE DO SITIO E DE APROBACION DEFINITIVA)
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA PARA APROBAR A FORMA XURIDICA NO CARVALHO CALERO (PENDENTE DE APROBAR DEFINITIVAMENTE).
- Coméntase a imposibilidade de realizar a Asemblea prevista no barrio de Esteiro, o día 15, porque nos comunica Xesús que o local non está dispoñible. Despois de valorar diferentes posibilidades, conclúese que únicamente será posible utilizar o local da Sociedade San Carlos, local que non estaría dispoñible nunca por semana, antes das 21-21:30 hh. Ante esta eventualidade, decídese trasladar a Asemblea de Esteiro para o domingo 25 de xaneiro ás 12:00 hh.
- Tamén que a Asemblea do Barrio da Magdalena prevista en Sargadelos, non pode ser o día 22, xa que o local está ocupado. Trasládase para o mércores 21, ás 20:00 horas como estaba previsto.
- Decídese falar con diversas persoas e entidades da Magdalena para animar á súa participación.
- Decídese aproveitar a Rolda de prensa programada para o luns, día 19, ás 12:00 hh. en Sargadelos, para anunciar os próximos eventos da Marea e, nomeadamente, a Asemblea próxima da Magdalena. Tamén se decide facer referencia na rolda de prensa ao feito de que se está a traballar nas comisión programáticas de Medio Ambiente, Cultura e educación, Servizos Sociais, Urbanismo e Traballo e Economía Social.
- Decídese que asistan a esta Rolda de prensa, por estaren dispoñibles, Isma, Lucía e César.
- Concrétanse cuestións de carácter técnico, como a realización da cartelería, evento en Facebook e pegada de carteis para comercios. Para a pegada quéase o luns 19 ás 17:00 hh.
- Quédase en tentar reservar local para a Asemblea de Barrio no Inferniño (Carvalho Calero) para o vindeiro martes 27 de xaneiro, tendo en conta o parón no traballo da Coordenadora que terá a súa vindeira reunión, o día 26.
- Coméntase que puidemos falar con Paula para tentar aclarar a xestión do Blog e que hai unha cita concertada con ela para o mércores 21.
- Non se marca data para a vindeira reunión, ante a cantidade de tarefas e citas pendentes, quedando en concretala por correo-e, en vindeiros días
- Péchase a xunta ás 22:00 hh.