Comisión de Organización. 02. (13-01-15)
Unknown20:57

Acta.

Data: 13/01/15
Lugar: Ateneo Ferrolán
Hora: 20.15 hh.

Asistentes: Jorge, Bernardo, Xesús, Alvaro, Lois, Suso Basterrechea, Cesar, Maria, Dulce, LOis, Fernando e Lucia.

Temas abordados:
  • Comézase dando lectura á acta da sesión anterior que é aprobada con dous votos a favor e a abstención do resto dos presentes. 
  • Continúase expoñendo o documento elaborado sobre a forma xuridica que debe adoptar a Marea Ártabra para presentarse ás eleccións municipais. 
  • Por parte de Xesus proponse que este debae debería darse en dúas reunións, unha primeira de debate aberto entre todos os membros da Marea para que o día en que se celebre a Asemblea que decida a forma xuridica estea o suficientemente debatido. 
  • A continuación dase un longo debate relativo a dito documento e se hai que incluir tamén o tema das posibles coalicións da Marea. 
  • Ás 21, 30 horas comunicase que o Ateneo ten que pechar acordándose continuar o luns 19 de xaneiro, aprobándose que dita reunión se celebre no local da Asociación Veciñal de Esteiro para dispor de máis tempo. 
  • Péchase a sesión ás 21,35 horas.
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter