Comisión de Organización. 03. (19-01-15)
Unknown20:53

Acta. 

Data: 19/01/15
Lugar: A. de VV. de Esteiro
Hora: 20.15 hh.

Asistentes: Isma, Esther, Xesús, Bernardo, Álvaro, César, Manu, Aurora, Fernando e Xiana.

Temas abordados:
  • Iníciase a reunión dando lectura á acta da reunión da Comisión celebrada o 13 de xaneiro de 2015 que é aprobada por 4 votos a favor e 6 abstencións. 
  • A continuación pásase a debater o anteproxecto de Regulamento de Funcionamento da Marea elaborado por encargo da Comisión de Organización. 
  • Por parte de Álvaro solicitase que conste en acta que este documento, asi como o resto de documentos elaborados por membros da Comisión de Organización non foron aprobados nin el participou na súa redacción e que non comparte ditos documentos. 
  • Por parte de Bernardo e César se indica que eses docuemtos foron elaborados por encargo da Asembleia celebrada o día 18 de decembro de 2014 que encargou á Comisión de Organización a eleaboración dunha serie de documentos para ser posteriormente debatidos na Asembleia Xeral. 
  • Álvaro emite un voto particular a todos os documentos. 
  • A continuación Álvaro indica que no censo da Marea tan só deberían estar persoas censadas no Concello de Ferrol porque xa nalgunha asembleia tivo sensación de carreteo de persoas doutras localidades. 
  • Bernardo propón que tamén deberían incluirse no censo da Marea a todas aquelas persoas que solicitando a súa incorporación desenvolvan a súa actividade profesional ou social en Ferrol ainda que estean censados noutra localidade. 
  • Por parte de Esther se indica que apoia a proposta de Álvaro. 
  • Acórdase que no apartado do censo queden as tres propostas para que sexa a Asemblea a que decida: 
  • Formarán parte da Marea todas as persoas que asi o soliciten 
  • Formarán parte da Marea todas as persoas que o soliciten e estean censadas en Ferrol. 
  • Formarán parte da Marea todas as persoas que asi o soliciten e estean censadas en Ferrol ou desenvolvan a súa actividade profesional ou social en Ferrol. 
  • A continuación Álvaro indica que en ningún momento se decidiu que a Marea se presentara ás eleccións municipais e que ese debería ser un debate previo ó da forma xuridica que adopte a Marea. 
  • Por parte doutros membros da Comisión se indica que ese tema xa saiu en varias Asembleias e que se entendeu que si se encargaba a elaboración desa documentación era porque estaba decidido presentarse. 
  • Ainda asi e dado que non houbo unha aprobación formal de presentarse ás eleccións acórdase que como primeiro punto da orde do día da Asembleia Extraordinaria de principios de Febreiro sexa se a Marea Ártabra se presenta ás eleccións Municipais ou non. 
  • Finalmente acordase remitir un escrito a todo o censo da Marea indicando que se poden facer aportacións aos documentos xa elaborados ou novos documentos para o seu debate na Asembleia Extraordinario remitindoas ao correo electrónico da Marea (mareaartabra@gmail.com) . O prazo para remitir as aportacións ou documentos finalizará o día 26 de Xaneiro ás 12 horas. 
  • Acórdase ter unha próxima reunión da Comisión de Organización o luns 26 ás 21:00 horas para analizar as aportacións recibidas. 
  • Acórdase convocar unha sesión extraordinaria de debate incial sobre a forma xuridica da Marea, o sábado 31 de xaneiro ás 17,30 horas. 
  • E sen máis asuntos que tratar péchase a reunión sendo ás 21,40 horas
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter