Comisión de Organización. 04. (26-01-15)
Unknown01:24

Acta.

Data: 26/01/15
Lugar: Ateneo Ferrolán (trasládase á Cafetaría Zucre polo peche das instalacións)
Hora: 21.35 horas

Asistentes: Lucía Vizoso, Manuel Rodríguez, Dulce Anca, Bernardo Cuétara, María Isasi, César Manso e Ismael González

Temas abordados:
  • Aprobación do acta da sesión anterior (19/01/15): sinálase que hai una omisión nos asistentes, e se procede a subsanala e aprobala. 
  • Se informa da actualización do Blog por parte de Bernardo Cuétara, da súa ordenación de novas, actas e asembleas e que quedan pendentes as activacións dos mails da xente que a través do Blog se inscriben na Marea, que ainda non está solucionado a donde se redirixen e como incorporalos a base de datos da Marea. 
  • Se aborda o tema da sesión de traballo do 31 de xaneiro (convocada como una comisión de organización extraordinaria) a celebrar ás 17.30 horas na Galería Sargadelos, onde se debatirá públicamente sobre a decisión de presentarse ás eleccións municipais por parte da Marea e baixo que forma xurídica (segundo as pautas que no seu día elaborou nun informe esta mesma comisión). Se decide que se tomará acta do debate, se é posible, en formato vídeo e audio (pedindo autorización aos participantes no debate) para facer a máxima cobertura dos argumentarios. 
  • Se recollen as propostas de modificación do Regulamento da Asemblea que na sesión anterior e a través do mail foron presentadas por parte dos participantes da Marea de cara a aprobación do Regulamento na Asemblea do 28 de xaneiro a celebrar no Centro Cultural Carvalho Calero. Se acorda que se recollerán propostas na dita asamblea se existisen por parte de calquera integrante da Marea. 
  • Ademáis da sesión de traballo do sábado 31 de xaneiro as 17.30 horas na Galería Sargadelos sobre a decisión de presentarse ás eleccións municipais por parte da Marea e baixo que forma xurídica (convocada como una comisión de organización extraordinaria), acórdase facer a próxima reunión da Comisión de Organización o próximo martes, 3 de febrero ás 20.00 horas no Ateneo Ferrolán. 
Sen máis temas que tratar péchase esta reunión ás 22.35 horas
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter