Vaise presentar candidatura da Marea Ártabra ás Eleccións Municipais?
No caso de presentarse, con que forma xurídica o fará?
A decisión definitiva sobre estas cuestións tomarase na Asemblea Extraordinaria que celebraremos o vindeiro xoves, 5 de febreiro.

Non obstante, co obxecto de madurar os debates implícitos nestas cuestións e de concretar as diferentes propostas que existan ao respecto, celebraremos, o
vindeiro sábado, día 31, ás 17:30 hh. na Galería Sargadelos de Ferrol, unha Xornada de debate aberta a todos e todas.