Acta. Pendente de aprobación.
- Decisión sobre a presentación ou non de Marea Ártabra ás Eleccións Municipais.
- Forma Xurídica da Marea.
1. Decisión sobre a presentación ou non de Marea Ártabra ás Eleccións Municipais
Por parte da Mesa indícase que na Comisión extraordinaria de Organización celebrada o sábado 31 de xaneiro decidíuse propor á Asemblea a proposta de que Marea Ártabra se presente ás eleccións municipais.
Aberta unha quenda de intervencións para intervir sobre este tema non se solicitan palabras polo que se pasa directamente á votación que arroxa o seguinte resultado:
- Votos a favor de concurrir ás eleccións 24.
- En contra 0.
- Abstencións 3.
Queda aprobado polo tanto que Marea Ártabra presentarase ás eleccións municipais.
2. Forma Xurídica da Marea.
Desde a Mesa indícase que na Comisión extraordinaria do 31 presentáronse dúas propostas:
- Presentarse como Agrupación de electores.
- Presentarse como partido político de ámbito provincial deixando aberta a posibilidade de federarse a nivel galego con outras mareas, movementos cidadáns ou partidos políticos.
Unha vez rematada a defensa de cada proposta, ábrese unha quenda de intervencións aberta, na que as diferentes persoas que interveñen argumentan a favor ou en contra destas propostas incluindose no debate as posibles coalicións que poida asinar a Marea Ártabra.
Unha vez finalizado este debate pásase á votación das dúas propostas co seguinte resultado:
- Votos a favor de presentarse como agrupación de electores: 3.
- A favor de presentarse como partido político de ámbito provincial: 23.
- Abstencións: 10.
Apróbase polo tanto que Marea Ártabra se presente ás eleccións municipais baixo a forma de partido político de ámbito provincial coa posibilidade de federarse con outras organizacións a nivel galego.
E sen máis asuntos que tratar levántase a sesión sendo as 22 horas 10 minutos.