Acta. (Pendente de aprobación)
En Ferrol a 9 de Febreiro de 2015 sendo as 20:10 horas reúnese a Coordenadora de Marea Ártabra coa presenza de Maria, Chema, Alexandre, Bernardo, Anxo, Mónica, Lucía, César, Fernando Armesto e Dobarro co seguinte Orde do Día:- Lectura e aprobación da acta da Coordenadora anterior
- Convocatoria de Asemblea Extraordinaria
- Convocatoria de Comisións Temáticas
A continuación indícase que vai ser necesario convocar unha asemblea extraordinaria xa que hai que aprobar neste mes os Estatutos, o Código ético e o Regulamento de Primarias e que vai ser imposible facelo nunha soa Asemblea.
Acórdase proporlle á Asemblea Ordinaria que se celebrará o 25 de febreiro convocar unha Asemblea extraordinaria para o sábado 28 de Febreiro ás 17,45 horas de tal xeito que na Asemblea Ordinaria do 25 se discutan os Estatutos do Partido e o Código Ético e na extraordinaria do 28 o Regulamento de Primarias.
Acórdase por unanimidade convocar para o vindeiro luns 16 de Febreiro ás 19,00 horas na Galeria Sargadelos a todas as Comisións Temáticas para avanzar na confección das liñas programáticas.
Sen mais asuntos que tratar péchase a sesión sendo as 21:15 horas