Comisión de Organización 05. (31-01-15)
Unknown19:47

Acta.

Na Galeria Sargadelos de Ferrol reúnese a Comisiónde Organización de Marea Artabra sendo as 19,45 horas coa presenza de: César Manso, Mel Sanxoan, Bernardo Cuétara, Mansi Gil, Fernando Ramos, Jorge Suárez, Xesús Díaz, Suso Basterrechea, Esther Leira, Álvaro Montes, Inacio Orero, Lupe Ces, Chema Hernández, Mónica Arto, Ismael González, Carlos Neira e Victoria Esteban para debatir sobre se a Marea Artabra se debe presentar ás eleccións municipais e de facelo, baixo que forma xurídica.

Ábrese a sesión da Comisión coa lectura da Acta da Comisión anterior que é aprobada coa solicitude de Esther de que conste a súa abstención.


Despois dun amplo debate durante máis de tres horas na que se defenderon diferentes posturas sobre a foma xurídica, acórdase trasladar á Asemblea Extraordinaria a celebrar o vindeiro Xoves 5 de Febreiro as seguintes posicións:

  1. Abrir un prazo ate o martes 2 de Febreiro ás 14 horas para presentar propostas perante a Comisión de Organización para que esta as remita coa suficiente antelación a todo o censo de Marea Ártabra. 
  2. De todos xeitos poderanse presentar propostas para debater sobre a posibilidade de presentarse ou non ás eleccións municipais e sobre a forma xurídica da Marea perante a propia mesa da Asemblea o Xoves 5 de Febreiro. Estas propostas presentaranse por escrito ao inicio da Asemblea. 

Preséntanse na propia comisión dúas propostas para o debate na Asemblea sobre a forma xurídica que a continuación se detallan:
  1. Presentarse como Agrupación de Electores.
  2. Presentarse como Partido Político de carácter provincial deixando aberta a posibilidade de federarse con outras organización a nivel galego.
Asimesmo preséntase unha proposta para que Marea Ártabra se presente ás eleccións Municipais en Ferrol que conta co asentemento de todos os presentes agás Esther que manifesta a súa abstención       

E sen máis temas que tratar péchase esta reunión ás 20.45 horas.
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter