Acta.
- Aprobación da acta da Comisión celebrada o día 31/01/2015
- Análise das propostas recibidas para a Asemblea Extraordinaria do día 5 de febreiro
- Proposta de Mesa para a Asemblea
- Cronograma da Comisión
A continuación indícase que non se recibíu ningunha proposta para a Asemblea do Xoves 5 polo que se acorda dar traslado a todo o Censo da Marea das propostas presentadas na Comisión do 31 de xaneiro.
En terceiro lugar, e dado que non se celebrou Coordenadora durante esta semana acórdase que en caso de que non haxa voluntarios para compor a mesa da Asemblea que sexan César, Chema e Lucía os que conformen a Mesa da Asemblea.
Finalmente apróbase un cronograma da Comisión para elaborar os textos necesarios para levar adiante os acordos que se tomen na Asemblea do día 5. Este cronograma sería o seguinte:

- Martes 10 de febreiro: Comisión de Organización para debater o Código ético da Marea e os Estatutos do partido político de ser esta a opción elexida ou os trámites legais para conformar a Agrupación de Electores de optarse por esta fórmula.
- Propor á Coordenadora a celebración dunha Asemblea Extraordinaria o día 19 de febreiro para aprobar estes temas
- Luns 16 de febreiro: Reunión da Comisión de Organización para debater o Regulamento de Primarias. (Encárgase a Bernardo elaborar un modelo de Regulamento)
- Sabado 21 de febreiro: Xornada de debate sobre o Regulamento de Primarias mediante a convocatoria dunha Comisión extraordinaria da Comisión de Organización.
- Mércores 25 de febreiro: Debate en Asemblea Ordinaria do Regulamento de Primarias.
- A previsión para a celebración das primarias en Ferrol seria entre o día 10 e 20 de marzo.
E sen máis temas que tratar péchase esta reunión as 22,30 horas.