PRIMARIAS NA MAREA
Unknown17:14

Marea Artabra celebrará maña desde as 19 horas un debate no salon de actos do Ateneo Ferrola entre as persoas que optan a encabezar a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais

Por outra banda, a Coordinadora de Marea Artabra decidiu na súa reunión do Luns 16 de Marzo aprobou ampliar o prazo até as 24:00hs do vindeiro xoves 19 de Marzo para inscribirse no censo para votar nas primariase elixir a persoa candidata a ocupar a Alcaldía, de entre as catro comprometidas e a orde das persoas que encabezaran a lista da 'Marea Ártabra' e que se comprometeron a formar parte na candidatura en postos de saída.

Se queres inscribirte para votar nas primarias, podes face-lo mediante o formulario que está na web da 'Marea Ártabra' e que podes acceder a través do seguinte enlace:

http://mareaartabra.blogspot.com.es/p/unete-marea-artabra.html


Ou enviando un correo cos datos obrigatorios (Nome, apelidos e correo-e)  e e se queres os voluntarios (Telefono, nº documento de identidade, ocupación e barrio). Sempre coa lenda:
QUERO INSCRIBIR-ME PARA PARTICIPAR NAS PRIMARIAS DA MAREA ÁRTABRA.

A votación celebrarase o vindeiro Venres 20 de Marzo en horario de 10  a 20 horas no seu local electoral sito na Rúa Rochel Nº 14, tendo tamén entrada desde a Rúa Magdalena, nº 5






Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter