Os fondos documentais históricos permiten recoller a herdanza do pasado e definir a identidade cultural dos pobos. No caso de Ferrol, unha parte do seu patrimonio documental, que se conservaba na biblioteca-hemeroteca do Ateneo Ferrolán, atópase gardado, desde hai anos, en contenedores. Moito nos tememos que ditos contenedores non cumpren as medidas de tratamento e almacenaxe establecidas para a conservación de documentos recoñecidos pola súa riqueza cultural e nas que se teñen en conta, entre outras, os efectos do envellecemento do papel e as condicións ambientais, tales como a temperatura e a humidade. Entre os fondos antigamente custodiados polo Ateneo Ferrolán cabe facer mención a un destacado número de cabeceiras de prensa dos séculos XIX e XX que inclúen contidos temáticos da memoria histórica ferrolán que son unha fonte de información de vital importancia para a historiografía local.
Xa no ano 1992, a UNESCO promoveu o Programa Memoria do Mundo [Memory of the World Programme] para promover a conservación e o acceso do patrimonio histórico documental. A difusión destes fondos contribúe á reconstrución do pasado de Ferrol así como a manter viva a súa memoria histórica e identidade. O seu estudo enriquece, identifica e individualiza á sociedade ferrolá, unindo aos habitantes nun pasado común. Deste xeito, estes documentos se converten nun referente de información sobre o pasado da cidade e nun inestimable depósito de sabedoría e vivencias que no só e necesario protexer senón tamén difundir.
Ferrol non pode permitir que unha inadecuada xestión municipal leve a perda un patrimonio tan importante, por iso, comprométese a adoptar unha solución ao actual problema de ubicación dos fondos do Ateneo Ferrolán.
Así mesmo, e dado que o Ateneo como institución cultural na nosa cidade cumpriu unha imprescindible labor na adquisición, conservación e visibilidade deste patrimonio, sería o depositario e xestor idóneo destes fondos. Así poderá continuar coa boa labor que ate o de agora viña facendo en prol da cultura ferrolá.

A Marea Ártabra considera imprescindible a adopción, desde o Concello de Ferrol, de medidas responsables co patrimonio municipal que garantan a protección da memoria cultural local. Por elo, comprométese dentro da súa acción de Goberno na proxima lexislatura a salvagardar estes documentos históricos e a adoptar accións que dean solución ao actual problema de ubicación dos fondos co fin de asegurar a súa conservación, preservación e visibilidade.
Ferrol non pode permitir que unha inadecuada xestión municipal leve a perda un patrimonio tan importante, por iso, comprométese a adoptar unha solución ao actual problema de ubicación dos fondos do Ateneo Ferrolán.
A Marea Ártabra, en canto chegue a ter responsabilidades de goberno, e en acordo co Ateneo Ferrolán, tratará de recuperar os fondos, co fin de que o custodio último dos mesmos sexa a administración local.