#MareaÁrtabra #Ferrol propón crear un plan socio-comunitario para Recimil, rehabilitar por fases e destinar parte das vivendas a usos da Universidade.
Unknown11:01


A Marea Ártabra fixo un encontro coa veciñanza no Barrio de Recimil,

Neste encontro presentáronse as proposta que a Marea Ártabra ten para este barrio.

Chema Hernández, candidato a alcaidía, propón a "creación dun Plan Integral de Rehabilitación por fases do barrio de Recimil, priorizando a súa cualificación enerxética e a accesibilidade das vivendas".

Lucía Vizoso, número 2 da candidatura, falou da conveniencia de "crear un plan socio-comunitario para atallar os problemas do barrio e diversificar o uso da zona chegando a acordos para destinar parte das vivendas a usos da Universidade".

Fernando Armesto, número 5 da candidatura, falou de "necesidade de conveniar co IGVS a creación dun ente xestor dun banco único de vivenda pública en alugueiro no barrio de Recimil".

Desde Marea Ártabra valoramos moi positivamente os encontros que estamos a ter coa cidadanía de Ferrol, nos distintos barrios. Nos encontros, estamos a repartir unhas tarxetas onde cada cidadá e cidadán pode expoñer as súas propostas, recolleremos todas estas propostas as cales servirán para ampliar e enriquecer o programa electoral.
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter