MareaÁrtabra# ante a celebración do Referendo en Grecia
Unknown13:28


Este domingo o pobo de Grecia está chamado a pronunciarse en referendo sobre cal debe ser a saída á situación que unha debida impagable, e unhas condicións de reformas austericidas impostas pola Troika, o levaron a situacións tan extremas, como que nestes momentos, o 60% da poboación vive en situación de pobreza ou pobreza extrema.

O modelo de unión económica e monetaria europeo, dirixido polos austericidas financeiros, e o triángulo mortal representado pola Comisión Europea, o Banco Europeo e o Fondo Monetario Internacional, van ter no referendo deste domingo un capítulo fundamental, ou ben para reforzarse co Si, ou ben para ser cuestionado e comezado a deconstruir co Non.

A Marea Ártabra entende que o goberno grego está demostrando que sen a participación da cidadanía nas decisións políticas, é imposible levar adiante cambios de rumbo que modelen sociedades máis xustas, democráticas e libres. A Marea Ártabra tamén é consciente que os referendos son unha ferramenta, mais non a única nin suficiente para articular o proceso que transforme as democracias europeas, de representativas a participativas.

A Troika intenta impoñer en toda a Unión Europea un modelo social, político e económico que manteña os privilexios da minoría a costa dos dereitos e necesidades da maioría. Un modelo que está perfectamente desenvolvido no chamado TTIP, que estes meses está tratando de saír adiante con total opacidade e mesmo paralizando votacións no Parlamento Europeo.

A Marea Ártabra, consecuentemente co anterior analizado, vai participar o próximo sábado na concentración de solidariedade co pobo grego, en apoio ao Non, #OXI, no referendo do próximo domingo. Concentración que vai ter lugar na Praza do Concello desde as 12 do mediodía.
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter