#MareaÁrtabra #Ferrol "Si Feijoo ten tempo para apoiar a Rey Varela e vender fume, ten tempo para reunirse co #Naval"
Unknown11:36


​Marea Ártabra portaba unha rede como símbolo dunha cidade que non renuncia a ser unha cidade do mar, a construcción naval, a riqueza da ría, pesca e marisqueo, o patrimonio natural e paisaxíistico...
todo o que simboliza a potencialidade de Ferrol que defende a Marea Ártabra.

Marea Ártabra apoiou e participou na manifestación convocada polos comités de empresa e delegados e delegadas de Navantia e industria auxiliar para o día 10 de Maio en Ferrol, en esixencia de carga de traballo real para o sector naval.

A reactivación da construción naval civil significaría a redución drástica do paro na nosa cidade e comarca, e agora é posible unha vez rematado o veto imposto pola UE e sempre que sexa aceptado polo goberno de Madrid,
"Marea Ártabra esixe que se adopten as medidas necesarias para que os estaleiros da nosa ría estean en disposición de acceder a ese mercado de construción civil de barcos, mercado que está en alza."
Tamén reiteraron que apostan porque ao redor da construción naval se desenvolva unha industria que fabrique os compoñentes necesarios para os barcos e que non son propios dun estaleiro, pechándose así un ciclo produtivo e económico que non só cree máis emprego senón que ademais xere valor engadido.

Marea Ártabra tamén cree que é urxente a diversificación da comarca e polo tanto son necesarias medidas que xeren postos de traballo en outros sectores que non son os do naval.

É urxente un gran Plan de Emprego para Ferrol-Terra, e Marea Ártabra así o pelexará dende o Concello de Ferrol, procurando tamén a unidade de acción política e institucional de tódolos Concellos da comarca, coa permanente mobilización social, de xeito que esa constante presión para cos Gobernos Autonómico e Central faga inevitábel e impostergábel que ambos acometan esas medidas que a cidadanía demanda.

Marea Ártabra lembrou que Núñez Feijoo, vai estar en dous actos electorais do PP en Ferrol;
"Si Feijoo ten tempo para vir á nosa cidade a vender fume, emprazámolo para que inmediatamente despois da manifestación do domingo sinale día e hora para reunirse cos Comités de Empresa do Naval e que esas xuntanzas dean paso a outras para concretar co conxunto da sociedade ferrolá feitos e non promesas".
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter