O vindeiro mes de maio están convocadas as eleccións municipais e en Ferrolterra preséntasenos unha ocasión única para construír, dende abaixo, alternativas de gobernos municipais que estean á altura das circunstancias.

As mobilizacións que se veñen producindo nos últimos anos como reacción ao desmantelamento progresivo de dereitos e liberdades custosamente conquistados son o síntoma dunha sociedade que non atura máis desigualdade. A sociedade empeza a ser consciente de que a alianza perfecta de intereses entre o poder económico e o bipartidismo harmónico son a causa de todos os males que estamos a padecer.

Si. O problema está na acción política de quen nos goberna, pero é tamén aí, na política deses gobernos, onde vai estar a solución. Precisamos dunha marea cidadá que poña por diante as persoas e acabe cos privilexios dos de arriba. Algo tan simple como reivindicar para a maioría social o que é da maioría social.

Ferrolterra é unha bisbarra de tradición de loita obreira e de forte calado sociocultural. Somos quen de organizarnos contra os poderes corruptos e así o demostramos na historia, en marzo do 72 e en todas as loitas por recuperar dereitos que nos pertencen, batallas nas que moitos e moitas sufriron cadea, tortura, represión ou incluso morte. Reivindicando ese noso pasado de vitoria do pobo fronte ao poder, temos que devolverlle a dignidade ao noso presente comezando a tecer un futuro novo, construído entre todos e todas e onde cada voz teña o mesmo valor que as demais.

Os gobernos que nos rexen dan as costas ao sufrimento e á desesperación dos nosos veciños e veciñas, que non soportan máis desindustrialización, máis malgasto, máis agresións medioambientais, máis política social baseada na caridade, máis precarización do emprego e da vida mesma. Fronte a esta política que quere converter a nosa comarca nun camposanto industrial, nunha paisaxe futurista desértica, a cidadanía de Ferrolterra debe ter a capacidade de organizarse, de avanzar en rebeldía e tomar o poder para devolver á comarca as cores da cultura, da industria, do asociacionismo e do cooperativismo, unha Ferrolterra participativa e con políticas orientadas por e para a xente do común.

É a hora de abrir as xanelas e deixar paso á Marea Ártabra, unha marea de aire novo, a marea dos pobos de Ferrolterra, da inmensa maioría que sofre os recortes de dereitos, unha marea das xentes que queren varrer do mapa e para sempre a política dos que gobernan para uns poucos e xestionar e rexer nós mesmos/as os nosos destinos.

Porque somos maioría as persoas que queremos gobernos que veñan servir aos concellos e non servirse deles, que pensamos que os cargos públicos deben estar ao servizo dos e das cidadáns e non dos seus partidos, que queremos corporacións locais que defendan os intereses estratéxicos dos seus territorios, que temos a certeza de que alternativas comúns, candidaturas cidadás e plurais a partir do protagonismo directo dos veciños e das veciñas poden devolver os concellos á cidadanía.

Por iso, nós, que formamos parte desta Marea Ártabra, queremos alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, subliñando a importancia que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación, proceso que necesariamente debe culminar coa convocatoria dunha grande asemblea cidadá, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo.


Ferrolterra, setembro de 2014


  1. Montse Garel Novás. Psicóloga. Orientadora laboral
  2. Miguel Castro Serantes. Mestre
  3. Mabel Rivera. Actriz
  4. Antón Cortizas. Mestre e escritor
  5. Xurxo Lois Varela Díaz. Músico
  6. María Manuela Díaz Orjales. Cantante e pintora
  7. María Luisa Sabio Maroño. Traballadora da banca xubilada
  8. César Pita Carretero. Mestre
  9. Peque Varela. Directora de animación
  10. Xosé Xermán Lastra Muruais. Mestre
  11. Pepe Cunha. Comentarista musical
  12. Malai Sobrín Sueiras. Profesora
  13. Fernando Miramontes. Pensionista
  14. Susana Alaniz Martínez. Activista polos dereitos dos inmigrantes
  15. José Torregrosa. Mestre xubilado
  16. Julie Guravich. Profesora e música
  17. Vicente Araguas Álvarez. Poeta
  18. Sari Alabau. Mestra
  19. Xoán Rubia. Extraballador da sanidade e músico
  20. Claudia Carcía Escobar. Activista da PAH
  21. Víctor Ledo Suárez. Traballador do naval
  22. Carlos Neira Suárez. Extraballador de Navantia
  23. María Carme Parada García. Médico
  24. Luis Gárate. Antropólogo. UDC.
  25. Margarida Pernas Pernas. Mestra
  26. Bernardo Máiz Vázquez. Historiador
  27. Helga Méndez García. Actriz
  28. Secundino García Casal. Mestre e fundador do Museo Etnográfico da Capela
  29. Xose Manuel Rodríguez Carballeira. Activista social
  30. Dulce Anca. Pintora
  31. Óscar González Montañés. Mestre
  32. Karlotti Valle. Poeta
  33. Ignacio Martínez Alonso. Funcionario
  34. Xurxo Manuel Pena García. Profesor e entrenador deportivo
  35. Francisco Maceira Rodríguez. Contramestre
  36. Carlos Neira Cortizas. Politólogo
  37. Isabel Seoane Sánchez. Profesora e investigadora
  38. María Helena Sánchez López. Xubilada
  39. Álvaro Montes Celeiro. Politólogo
  40. Francisco Lugrís Pita. Traballador do Naval
  41. Maica Rodríguez Freire. Politóloga
  42. Juana Prieto Luna. Activista cultural
  43. Carlos Varela. Educador social
  44. Rafael Rodríguez Martínez. Mestre
  45. Rafael Pillado Lista. Activista social
  46. Guillermo Ferrández. Escritor e Profesor
  47. Javi Amor. Músico
  48. Chema Hernández Roca. Empregado público
  49. Paula Rojas López. Psicóloga e traballadora nunha ONG
  50. Ana Foira Ares. Mestra
  51. Manuel Domínguez Ferro. Activista social
  52. Roberto Taboada Fernández. Xestor Cultural
  53. Miguel Reimúndez González. Arquitecto
  54. Miguel Anxo Varela Vázquez. Profesor de Ensino Secundario. Pintor
  55. Alexandre Carrodeguas Martínez. Activista social
  56. Iván López Martínez. Traballador do Naval
  57. Olaia Salorio Yáñez. Administrativa
  58. Manuel Amorim Domínguez. Técnico Naval
  59. Mansi Gil Cervera. Autónomo
  60. Ernesto Lopes Dias. Activista ecoloxista
  61. Juan Oruezabala Romero. Profesor
  62. Suso Pérez Lago. Mestre da danza
  63. Esther Leira Penabad. Traballadora da admón. local. Sindicalista
  64. Carlos Alberto Alonso. Cineasta
  65. Juan Garmendia Díaz. Procurador
  66. Chelo Carballal Balsa. Traballadora da sanidade
  67. Antom Fortuna. Activista ecoloxista
  68. Luis Ramos. Director de teatro
  69. Natalia Balseiro Rodríguez. Xestora cultural
  70. Xesús Carlos Do Río. Traballador de correos. Sindicalista
  71. Efigenia Penabad Penabad. Estudante universitaria
  72. Lupe Seco Sousa. Profesora
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter