ACTA DA I ASEMBLEA DA MAREA ARTABRA (02-10-14)
Unknown08:00

Acta.

Xoves 2 Outubro 2014.

Hora de comezo: 20:15
Hora de remate: 22 horas

Acuden arredor de cen persoas ao Carvallho Calero.

Na mesa 4 persoas, dous homes e dúas mulleres, que fan as labores de introducción, toma de acta e moderación, os cales se prestaron voluntarios/as para a labor.

Establécese que soamente haberá dous puntos de orde do día:
  1. Valoración do que os cidadáns esperan da Marea.
  2. Conclusións organizativas.


Punto 1
  • Ábrense turnos de palabras e a cidadanía presente vai expresando as súas ideas. A continuación amósanse unha pequena síntese do falado na asamblea as diferentes persoas:
  • Necesidade de que os cidadáns teñan a palabra á hora de tomar decisións na nosa cidade.
  •  En torno ás eleccións municipais, necesítase unha maioría social traballando para unha representación real. Necesidade de derrocar ao PP.
  • Vencer ao despilfarro e ao enchufismo. Necesidade de politizar este movemento e mostrar unha aparición forte e pensamento cara a sociedade.
  • Necesidade de aprcar o derrotismo que persegue a Ferrol e involucrar a toda a cidadanía neste proxecto.
  • Escoitar os problemas da cidadanía que nos atoparemos nesta Asamblea.
  • Xurde a dúbida si é unha asamblea comarcal e se aclara que é local, pois noutras localidades xa se están a poñer en marchas outras mareas.
  • Analizar a realidade da falta de involucracrión neste tipo de movementos políticos da xuventude.
  • Asamblea cidadá, limitacións nos mandatos, participación horizontal.
  • 30 anos de estancamento en Ferrol. Tarefas de traballo nos barrios. Taballar para a cidadanía.
  • Falta de expectativas polo desmantelamento do Sector Naval
  • Sair á rúa e escoitar á xente.
  • Enfado xeneralizado da poboación cara a política. Hai que mudalo presentando alternativas reais, pedir responsabiliadades e transparencia.
  • Patear a rúa para ser activistas sociais. Crear unha fronte popular.
  • Crear grupos de traballo na asamblea.
Neste momento, entrégase follas aos asistentes para que deixen os seus datos personais para poder estar en contacto os participantes.
  • Denuncia de que esta asamblea pode convertirse nun espazo de interese político de ocupar unha cadeira no Concello.
  • Necesidade da participación cidadá en termos políticos.
  • Dulce. Políticas cercanas máis humanas.
  • Necesidade de ilusión nesta marea e moitas gañas de traballar dos que a conforman.
  • Dirixentes da marea ártabra deben prescindir de privilexios políticos.
  • Problemáticas dost traballadores e traballadoras da Arte en Ferrol.Intento por parte dos grupos de traballo a realizar das problemáticas cidadás.
  • Listas abertas para elexir as persoas candidatas.
Punto 2

  • A continuación fíxose un pequeño debate na asamblea sobre a idoneidade ou non de saíres desta asamblea cos grupos de traballo definidos.
  • A maioría da asamblea decidiu que era demasiado prematuro.
  • A partires de ahí definiuse unha comisión de persoas que establecerá nos vindeiros días, despois da asamblea, o día e orde do día da seguinte asamblea, marcará quen vai ser o voceiro/a ata a seguinte asamblea e comezará a mover polos medios e redes sociais a idea da Marea, para lograr que participe nela máis xente. Tamén encargarase de facer unha base de datos cos datos das persoas participantes nesta primeira asamblea. As dez persoas que arrancan esta comisión que durará ata a vindeira asamblea, a realizar nun máximo de 15 días desde esta, son promovidos por outras persoas da asamblea ou anótanse voluntariamente na comisión.
  • Está formada por cinco mulleres e cinco homes que terán en breve espazo de tempo unha reunión para traballar no encomendado.

2 Outubro 2014


Marea Ártabra


Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter