MAREA ÁRTABRA APOIA A FOLGA INDEFINIDA DAS PERSOAS EMPREGADAS NAS CONTRATAS E SUBCONTRATAS DE MOVISTAR E FALSOS AUTÓNOMOS QUE TRABALLAN PARA O GRUPO TELEFÓNICA
Unknown11:27

Dende Marea Ártabra queremos mostrar o noso apoio ás persoas empregadas nas contratas e subcontratas de Movistar e falsos autónomos que están a traballar para o grupo Telefónica e que empezan unha folga indefinida de ámbito estatal a partires do 14 de abril. Estas persoas están a realizar xornadas laborais cada vez máis longas e con salarios máis reducidos. A tendencia da empresa é a substituír equipo fixo por unha cadea de subcontratas e falsos autónomos. Esta práctica estase a volver habitual dende que, a principios dos anos noventa, se producise a privatización do servizo universal de telefonía que provocou a destrución de miles de postos de traballo de calidade a cambio da creación deste tipo de relación laborais case-feudais. Tamén mostrar a nosa solidariedade cos dous traballadores despedidos da subcontrata Liteyca, alegando a empresa baixa produtividade.
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter