MAREA ÁRTABRA COMPROMÉTESE CON AS PERSOAS QUE TRABALLAN NO SECTOR NAVAL E AS SÚAS REIVINDICACIÓNS
Unknown20:18

A Marea Ártabra comparte e apoia as reivindicacións dos/as traballadores/as de Navantia, que hoxe volveron a realizar unha mobilización na nosa comarca para esixir carga de traballo e respecto aos dereitos laborais do persoal das empresas auxiliares dos estaleiros.


Lembramos que, debido a decisións fundamentalmente políticas, a antiga ASTANO leva sen construír un barco de maneira completa dende xuño de 1983. O final do veto á construción naval civil imposto pola UE finalizou o 31 de decembro do 2014 sen que previamente, nin no que levamos de ano 2015, vexamos unha política orientada a recuperar esa actividade fabril por parte da SEPI e o Goberno de quen depende, maila a ser a construción naval un sector en alza a nivel internacional. Sabemos que ademais do carácter estratéxico que a construción naval ten para a nosa comarca, o seu relanzamento implicaría unha drástica redución do desemprego e sería a oportunidade para desenvolver unha actividade económica de alto valor engadido e de atracción de novas industrias.


Dende o Concello de Ferrol non está a defender o sector naval tal e como Rey Varela pregoou que se comprometería a facer. Non debemos esquecer que o PP local ten unha forte dependencia do seu homónimo Estatal e do Goberno da Xunta de Feijoo, todos eles no goberno con maioría absoluta. Que leva entón a que non se aposte de maneira decidida polo sector naval?


Tampouco queremos deixar de lembrar que a actual situación do Naval e a súa escasa carga de traballo son resultado do fracaso das políticas de reconversión industrial, cuxas resultados levamos sufrindo en Ferrol e comarca dende fai moitos anos. As ZUR (Zona de Urxente Re-industrialización) e ZID (Zona Industrial en Declive) de Ferrol foron un fracaso. Cambiarlles o nome como estratexia de maquillaxe (actual Plan Ferrol), trouxo resultados que están á vista de todos: perda de emprego, perda de poboación, condena de amplos sectores de poboación á miseria...  Estes efectos, resultado de políticas nefastas, teñen uns responsables políticos: os sucesivos gobernos do PP e do PSOE.


A situación é de emerxencia social e desde a Marea Ártabra queremos anunciar o noso compromiso có sector naval, símbolo de identidade da nosa cidade.
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter