Reunión coa vicerreitora da Universidade da Coruña, Araceli Torres
Unknown12:41

Un grupo de representantes de Marea Ártabra, entre os que se atopaban os candidatos Begoña Hermida e Ismael González, reuníronse o pasado mércores, ás 11.00 coa vicerreitora da Universidade da Coruña, Araceli Torres, co fin de coñecer de primeira man as necesidades dos centros de educación superior na cidade.

Marea Ártabra quere agradecer a calidade da atención e información recibida da vicerreitora, quen asegurou entender o proxecto universitario como un proxecto de fondo calado
na cidade e, polo tanto, por encima de calquera vaivén político.

O primeiro punto tratado foi a residencia universitaria, que na actualidade funciona con 23 prazas, aínda que as necesidades do Campus de Ferrol son moito maiores. En concreto, desde a Universidade calculan que as necesidades de aloxamento para a residencia estarían en torno a 50 prazas. Sobre o acordo que no seu día se promoveu de instalar unha residencia universitaria na parcela Sánchez Aguilera, a vicerreitora Araceli Torres, manifestou as dificultades económicas por parte da Universidade da Coruña de afrontar dita reforma no momento actual, sen a axuda doutras institucións. Sen embargo, remarcou que o a residencia no Sánchez Aguilera continúa a ser un proxecto de interese estratéxico, tendo plena vixencia o proxecto técnico que fixo a UDC anos atrás.

Na reunión tamén se abriu o debate sobre a necesidade de atraer novo alumnado universitario priorizando os diferentes estudos de grao que se imparten en Ferrol. Esta cuestión está ligada á necesidade de facer atractiva a cidade para a poboación nova. Neste punto a Universidade insiste en que a integración coa cidade é fundamental, pero advirte de que a relación inversa tamén é necesaria. Dende Marea Ártabra achegámoslle o noso compromiso coa educación pública e decalidade. Nesa liña, a Marea Ártabra, na súa aposta decidida pola defensa dos ferroláns, mostrou o seu interese en potenciar as axudas económicas existentes como unha maneira de atraer estudantes ás titulacións implantadas na cidade. Asimesmo entende tamén paradóxico que existan axudas de desprazamento para que os ferroláns estuden fora de Ferrol e non existan tamén axudas para estudar na súa propia cidade.

Un punto fundamental para relacionar a cidade cos Campus universitarios de Ferrol está na calidade dos transportes públicos. Hai unha necesidade evidente de conectar cunha liña regular os Campus de Serantes e Esteiro, que na actualidade é case nula. Ademais, segundo nos informou aVicerreitora, a UDC ven de asinar un convenio coa Consellería de Sanidade para poder implantarse no Hospital Novoa Santos, o cal implicaría unha necesidade de transporte cara a ese futuro espazode crecemento.

A vicerreitora Araceli Torres valora moi positivamente que a cidade de Ferrol manteña cunha importante dotación económica os premios de investigación González Llanos de Enxeñería Naval, Concepción Arenal de Humanidades, Enxeñeiro Comerma de Enxeñería Industrial e Antonio Userode Saúde ou Ciencias do Traballo (en alternancia). Marea Ártabra coincide en que son un excelente motor de difusión da cidade no mundo académico, pero tamén ve a necesidade de fomentar outros mecanismos que dean máis seguridade ás necesidades das investigadoras e investigadores. Por iso considera prioritario que dende o Concello de Ferrol se aposte de maneira decidida porlo I+D+i. A figura dos contratos de investigación pre e postdoutoral son unha magnífica ferramente nesta liña e podería ser unha maneira de promocionar unha actividade investigadora que tivera a súa prioridade nos estudos que teñan a Ferrol e á cidadania de Ferrol como beneficiarios principais.
Na Categoría : ,
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter