Comisión de Comunicación. 02. (29-12-14)
Unknown20:59

Acta.

Data: 29/12/14
Lugar: Ateneo Ferrolán
Hora: 20.00 h
Asistentes: Ismael González Bouza, César Manso, Jose e Bernardo. Máis tarde incorpórase Manuel.

Temas abordados:
  • Apróbase a acta da Comisión anterior. 
  • Acláranse as claves de acceso ás ferramentas web. 
  • Fálase do Blog, despois de que cada quen revisara os seus contidos e funcionamento. Conclúese que, ademáis do desorde no que respecta á subida de informacións, tamén existen partes da web que, ou ben non funcionan ou ben non acabamos de entender como o fan. Á dificuldade de uso de "Blogger" súmase o feito de que pasaran diferentes mans e con diferentes criterios na xestión de contidos, de tal xeito que agora enténdese que se debería facer unha revisión e simplificación de páxinas e, ao tempo, asignarlle a unha persoa a subida de informacións. Decídese averiguar que persoas estiveron levando a xestión do Blog para tentar quedar con elas e relanzar a web. 
  • En canto ao Facebook, decídese que Manu e Isma deben seguir colgando contidos, convertendo, de momento, actas e acordos en informacións breves. Tamén ir incorporando eventos das próximas citas xa programadas. 
  • Por outra banda, decídese tamén tentar poñer orde e elaborar unha base de datos de correos-e da Marea. 
  • Revísanse as citas pendentes e obsérvase que non temos coñecemento das vindeiras reunións das Comisións programáticas. Decidimos tentar poñernos en contacto con —alo menos— unha persoa de cada comisión para contar con información e difundila segundo os criterios definidos na Comisión anterior. 
  • Tendo en conta que a vindeira Asemblea de Barrio programada será en Esteiro o vindeiro día 15 de xaneiro, decidimos quedar para a próxima Comisión o xoves 8 de xaneiro para, entre outras cousas, preparar unha proposta de lugar, hora, cartel... a levar á Coordenadora prevista para o luns 12 de xaneiro. 
  • Revísanse algúns orzamentos para avanzar na previsión de realizar carteis e folletos da Marea. 
  • Convócase a seguinte reunión da Comisión de Comunicación para o día 8 de xaneiro de 2015, ás 20.00 horas, no Ateneo Ferrolán e péchase ás 22.00 horas esta segunda sesión.
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter