Comisión de Comunicación. 03. (08-01-15)
Unknown20:41

Acta.

Data: 08/01/15
Lugar: Ateneo Ferrolán
Hora: 20.15 h
Asistentes: : Ismael González Bouza, César Manso e Jose (Bernardo Cuétara disculpou por mail e telefonicamente a súa ausencia). Máis tarde incorpórase Manuel Rodríguez e Fernando.

Temas abordados:
  • Apróbase a acta da Comisión anterior. 
  • Fálase do Blog. A persoa que estivo levando a xestión do Blog é Paula e se tentará quedar con ela o luns 12 ás 20.00hs no Ateneo (antes ou despois da Coordinadora prevista para ese día a esa hora) e tentar relanzar a web. César propón un esquema novo para a web que queda pendente. 
  • En canto ao Facebook como na anterior sesión da comisión, decídese que Manu e Isma deben seguir colgando contidos, convertendo, de momento, actas e acordos en informacións breves. Tamén ir incorporando eventos das próximas citas xa programadas. 
  • César asume a tarefa de tentar poñer orde e elaborar unha base de datos de correos-e da Marea. Hai que filtar correos erróneos (eliminando redundancias e correos de organizacións, por exemplo) e asignar nunha base de datos nomes e teléfonos de persoas concretas (se fora posible) a eses correos. 
  • Jose asume a tarefa de crear un modelo de cartel cun deseño idéntico ao actual pero con características máis profesionais, para unificar cores e estilos nos diferentes carteis e banners que xa existen. 
  • Tendo en conta que a vindeira Asemblea de Barrio programada será en Esteiro o vindeiro día 15 de xaneiro, decidimos propoñer lugar: Local Social de San Carlos, hora: 20.00 hs, e elaborar un cartel para levar como proposta da Comisión de Comunicación á Coordenadora prevista para o luns 12 de xaneiro. 
  • Como preparación da Asemblea de Barrio de Esteiro se decide convocar una rolda de prensa o día 14 de xaneiro para os medios de comunicación para promocionar a Asemblea de Barrio e levar un pequeno argumentario do traballo desenvolto desde a V Asemblea Cidadá da Marea Ártabra do día 18 de decembro de 2014. 
  • Financiamento: se decide esperar a que a comisión de Organización avance neste punto que xa está a traballar. 
  • Convócase a seguinte reunión da Comisión de Comunicación para o luns día 12 de xaneiro de 2015, ás 20.00 horas, no Ateneo Ferrolán (converxendo coa Coordinadora no mesmo lugar e hora) e péchase ás 22.00 horas esta terceira sesión.
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter