Crónica da Asemblea na Magdalena, celebrada o mércores (21-01-15)
Unknown21:45

Seguindo a rolda de contactos da Marea Ártabra nos diferentes barrios da cidade, o pasado mércores 21 de xaneiro, tivo lugar na Galería Sargadelos as 20.00hs. unha asemblea aberta do barrio da Madalena.
Os puntos principais de debate centráronse en:
  • A convivencia de veciños, comerciantes e hosteleiros, que son quen realmente viven o barrio.
  • A existencia de problemas determinados pola forma estructural na que está baseado o casco histórico da Madalena: o exceso de proteccionismo que fai difícil o concepto de rehabilitación para os propietarios; a concentración da propiedade dos inmobles (habería que fomentar e replantear como son as medidas disuasorias neste sentido); a sobredimensión do trazado peonil, que non está acordo coa poboación que actualmente vive no barrio; o envellecemento da poboación que vive no barrio; o taponamento que sufríu e sufre o barrio desde a Praza de España; o exceso de tráfico rodado privado, …
  • Os problemas determinados pola funcionalidade actual do barrio: problemas de civismo no estacionamento de vehículo privado (encima das beirarúas e con total impunidade); a escaseza de actividades que dinamicen as rúas fóra de datas sinaladas (no Nadal, na Semana Santa, nas festas de Ferrol,); o mantemento e os usos que a administración fai dos espazos dos que dispón (como no caso do Mercado do barrio, nun estado de desleixo manifesto, ou o abandono de locais como a antiga sede de Facenda, que debería ter sido cedida para usos municipais); o estado dos edificios privados con deterioros evidentes (baixadas de augas por canalóns rachados, fiestras que rompen os seus cristais cara a rúa, …); medidas para favorecer que os edificios habitados poidan ter una eficiencia enerxética e un mantemento cun custe menor que o que a regulamentación actual define (o caso concreto de fiestras, galerías e balcóns de madeira, que incrementan o gasto de calefacción e teñen altos custes de mantemento, por exemplo); o trazado da rede de mobilidade en transporte público fai que moita xente non chegue a acceder ao barrio directamente.
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter