O vindeiro domingo, 25 de xaneiro, celebraremos, ás 12:00 hh. no local da S. C. D. San Carlos unha nova Asemblea de barrio en Esteiro.
Pretendemos continuar escoitando as demandas dos veciños e veciñas dos diferentes barrios da cidade. co obxecto de ir construíndo un programa de demandas, ideas e propostas compartidas.
Que é a Marea?Marea Ártabraquere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais,
un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo.
Facebook e Twitter