Acta.
Data: 12/01/15Lugar: Ateneo Ferrolán
Hora: 20.15 h
Asistentes: Lucía Vizoso, Ismael González, Jorge Suarez, Suso Díaz e María Isasi (Bernardo Cuétara disculpou telefonicamente a súa ausencia).
Temas abordados:
- Tendo en conta que a vindeira Asemblea de Barrio programada será en Esteiro o vindeiro día 15 de xaneiro hai dúas propostas, Local Social de San Carlos, hora: 21.00 hs, e outra alternativa que consiste na solicitude de local á Asociación de Vecinos de Esteiro. Óptase pola segunda porque a primeira é moi tarde. Suso Díaz tramitará a solicitude e informará para facer os cartaces.
- Como preparación da Asemblea de Barrio de Esteiro se decide convocar una rolda de prensa o día 19 de xaneiro para os medios de comunicación para promocionar a Asemblea de Barrio e levar un pequeno argumentario do traballo desenvolto desde a V Asemblea Cidadá da Marea Ártabra do día 18 de decembro de 2014. O lugar da rolda de prensa será a Galería Sargadelos as 12.00 hs. Queda pendente o guión da rolda de prensa para a próxima reunión.
- A Asemblea de Barrio da Madalena está convocada para o xoves, día 22. Solicitouse a Galegía Sargadelos e propúxose para as 20.00 hs. Queda pendente o cartaz (hai que confirmar que Sargadelos está dispoñible).
- Trátase o tema da web e do Facebook. Jorge apunta que o gmail está enlazado co blog e baixo o epígrafe de Foro ou Social e que en Google Drive se atopa a base de datos para actualizar con e-mails que chegan para asinar o manifestó. Sobre o deseño da páxina/blog acórdase falar con Paula que era a persoa que estaba a facer ese traballo.
- Jorge apunta que non se enviaban ao conxunto de adscritos a Marea as actas, polo que non se tiña constancia do acordado coa debida horizontalidade e transparencia
- Convócase reunión para o xoves 15 ás 20.00 hs. no Ateneo e péchase esta sesión as 21.30h.