Durante casi dúas horas os vecinos e veciñas departiron sobre a problemática do barrio e a política local que lles afecta, que, entre outros problemas, destacaron os seguintes:
- O barrio de Esteiro, tradicionalmente un barrio histórico de xente traballadora, veu como nas últimas décadas se lle foi expoliando a súa identidade ata formar unha especie de barrio residencial ou mesmo barrio “aparcadoiro” para o conxunto da cidade, sin saber moi ben cal é o deseño presente ou futuro deste barrio. Neste senso parece que se camiña cara a un barrio sen identidade, ónde a hostelería e, nun menor peso, o comercio, son os únicos medios de traballo que perviven no barrio.
- Os puntos fortes do barrio son: o Campus Universitario, que está illado non só do barrio senón da propia cidade; un asociacionismo veciñal que foi moi forte e está indo a menos; as instalacións militares, que teñen que endereitar a súa visión cara os tempos que vivimos e ter un futuro ligado ao barrio; un ordeamento do tráfico (neste momento caótico) posto que parece que todos os problemas do barrio da Madalena se resolven buscando zonas de aparcamento en Esteiro; a falta lamentable de mantemento de rúas, beirarrúas, e demais espazos públicos, especialmente relevante no caso da mobilidade, con zonas de ramplas divididas por sinais de tráfico, papeleiras que impiden a circulación aos viandantes, etc.
- O transporte público, se nalgún tempo incluía a factoría naval, hoxe está alonxado de cumprir este requisito co cal se incrementa (lamentablemente xa non como antes porque non hai tantos traballadores) a demanda de aparcamento. Neste punto tamén se fai constar o custoso que resulta o transporte público, saíndo en moitos casos máis económico o transporte privado tanto en vehículo propio como en taxi.
- Mención aparte é o caso do patrimonio do antigo barrio de Esteiro, que continúa nun estado lamentable polo abandono das obrigas dos propietarios e da supervisión que o Concello debería prestar.
- (...)
