O MARTES, 27-01-15. ASEMBLEA NO BARRIO DO INFERNIÑO
Unknown13:56

O vindeiro martes, 27 de xaneiro, celebraremos, ás 20:00 hh. no C. C. Carvalho Calero, unha nova Asemblea no barrio do Inferniño.

Ao longo destes meses, fumos percorrendo os diferentes barrios da cidade para escoitar as demandas, ideas e propostas dos veciños e veciños da cidade, con respecto á súa contorna próxima.

O obxectivo é continuar construíndo un programa de de forma compartida e participada.

Queremos facelo entre todos e todas.

Agardámoste.
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter