Como xa se ten comunicado en noticias anteriores, o debate consistía en decidir si a Marea concorrería ás vindeiras eleccións municipais e, nese caso, cal sería a fórmula xurídica a adoptar.
Logo dun amplo debate sobre estas cuestións —e moitas outras que se derivan delas— tomáronse estas dúas decisións:
- A Marea Ártabra presentarase ás Eleccións municipais de maio.
- Presentarase baixo a fórmula de partido "instrumental" de carácter provincial, e aberto a acordos con outras organizacións a nivel galego.