ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA MAREA ÁRTABRA (05-02-15)
Unknown01:11

Unha decisión necesaria

O vindeiro xoves, 5 de febreiro, ás 19:45 hh. no C. C. Carvalho Calero, celebraremos unha Asemblea Extraordinaria co obxectivo de tomar dúas decisións que serán de grande importancia para o futuro da iniciativa.
  1. ¿Queremos presentarnos ás eleccións municipais de maio deste ano?
  2. No caso de presentarnos, ¿cal será a forma xurídica que adoptaremos?
A Marea Ártabra celebrou o pasado sábado, na Galería Sargadelos, unha interesante sesión aberta da súa Comisión de Organización.

O obxectivo dese encontro era coñecer as diferentes propostas que existen no interior da Marea, para tentar ir ao fondo dos debates que acompañan a cada posición, os seus pros e contras, o grao de consenso que desperta cada alternativa...


Por outra banda, pretendiamos concretar as diferentes posicións, coa intención de que a Asemblea Extraordinaria do xoves fose o punto de chegada dun debate rigoroso, fondo e madurado nestas sesións.

O sábado puidemos escoitar diferentes propostas sobre a cuestión, todas cos seus matices, as súas argumentacións e contraargumentacións...

Puidemos comprobar as posibilidades de acordo que hai entre elas e, quizá o máis importante, a vontade xeral de construír entre todos e todas unha iniciativa unitaria, e chamada a protagonizar as políticas locais de Ferrol no futuro.

O xoves 5, contamos con todas e todos vós, ás 19:45 hh. no C. C. Carvalho Calero.

Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter