As Comisións de programa deciden dar un impulso definitivo aos seus traballos.
O pasado luns, 16 de febreiro, na Galería Sargadelos de Ferrol, celebrabamos unha convocatoria conxunta de todas as persoas que estamos a participar activamente nas Comisións de Programa da Marea Ártabra.
Logo dun repaso sobre os avances producidos en cada Comisión de traballo, das vicisitudes de cada unha delas e das datas ás que nos enfrontamos, decidimos dinamizar as tarefas de forma decidida e eficiente.
Para iso, eliximos dúas persoas coma dinamizadores/as por cada Comsión, coa encomenda de retomar os traballos de forma participada e con dúas datas de referencia:
- 1 de marzo. Proposta de Liñas programáticas por área.
- 15 de marzo. Borrador de programa por áreas.

Seguimos na onda.