En Ferrol sendo as 20 horas do día 25 de Febreiro de
2015 reúnese a Asemblea Ordinaria da Marea Artabra que comeza por elexir dúas
persoas para a mesa que queda conformada por Begoña e César.
A continuación apróbase
aseguinte Orde do Día:
1-
Lectura e aprobación da acta da sesión
anterior
2-
Regulamento de Primarias
3-
Elección de voceiros da Marea
4-
Aprobación dos Estatutos da Marea
Artabra
5-
Código Ético
6-
Fixación da data da seguinte Asemblea
Ordinaria
Comézase por da lectura
a acta da sesión anterior que é aprobada por unanimidade.
A continuación procédese
a debater o Regulamento de Primarias con diversas intervencións e propostas que
sometidas a votación obteñen o seguinte resultado:
-
Eliminación do preámbulo: Votos a favor
1, en contra 8 e 15 abstencións.
-
Cremalleira pura para toda a lista: 4
votos a favor
-
Cremalleira pura para os 5 primeiros
postos e 60-40 para o resto da lista: 20 votos a favor
-
Suprimir o apartado da obligación de
votar nunha porcentaxe de 60-40 de xénero: 16 votos a favor, 0 en contra e 7
abstencións.
Procédese finalmente a
aprobar o Regulamento coa introducción dos cambios aprobados obtendo 21 votos a
favor e 0 en contra quedando polo tanto aprobado o regulamento de primarias
xunto ao seu calendario.
3- Procédese a dar
conta de que tal e como se establece no Regulamento de funcionamento da Marea
hai que elexir aos portavoces da Marea. Indícase que a Coordinadora, na sesión
celebrada o pasado luns optou por propoñer 4 candidatos en lugar dos dous
recollidos no Regulamento para que sempre poda estar algunha persoa dispoñible.
Pregúntase se hai algunha persoa que se quera propoñer para voceiro.
Dado que non hai ningunha
persoa que presente a súa candidatura indícase que os propostos pola
Coordinadora son Begoña, Lucia, Manu e César. Sometida a votación esta proposta
acada 18 votos a favor e 0 en contra. Acórdase celebrar una rolda de prensa
para presentar aos voceiros e o Regulamento de Primarias o Sábado 1 de Marzo.
4- A continuación pasase
a discutir os Estatutos da Marea indicándose que son uns Estatutos tipos para
cumplir un requisito legal para legalizar o partido instrumental. Éntrase nun
debate sobre os últimos acontecementos chegándose á conclusión de que a Marea
debe continuar e presentarse ás eleccións. Votados os estatutos estos son aprobados
por unanimidade.
Dada a hora decidese
dar por concluida a Asemblea deixando para a próxima Asemblea a discusión do
Código Ético non sin antes fixar como data de celebración da Asemblea de Marzo
que queda para o Mercores 25.
Antes de finalizar acórdase
emitir un comunicado sobre a privatización do servizo de recollida de lixo no
sentido de solicitar ao Alcalde que paralice calquera proceso de concesión
deste servizo deixando esa responsabilidade á seguinte corporación.
Levantase a Asemblea
sendo as 22,10 horas.