Acta da 1ª Reunión Comisión provisional da Marea Ártabra. (06-10-14)
Unknown10:58

 Acta. 


Reunidos/as no Ateneo Ferrolán ás 20h. do día 6 de outubro de 2014:

Dulce Anca Santos, Paula Meizoso Pérez, Helga Méndez García, María Isasi Varela, Francisco Lugrís Pita, Alvaro Montes Celeiro, Fernando Ramos Armesto, César Manso Platas, Jorge Suárez Fernández, trátase a seguinte orde do día:
1-     Información sobre a Asemblea da Marea de Coruña.
2-     Organización da Comisión Provisional en Ferrol.
3-     Convocatoria da 2ª Asemblea en Ferrol.
4-     Reflexión sobre a posible creación de partido para presentarse ás vindeiras eleccións municipais.
5-     Outras propostas.


1. Información sobre a Asemblea da Marea de Coruña.

Infórmanos o compañeiro Álvaro Montes que asistiu á Marea en Coruña:
  • Lánzanse preguntas para futuras Asembleas: 
  • Como se efectúa a renovación de cargos? 
  • Cabe a posibilidade de presentarse a Primarias? E de presentarse: Como partido? Como agrupación de partidos?
2. Organización da Comisión Provisional en Ferrol.

Apróbase a seguinte organización, a proposta do compañeiro Jorge Suárez:
  • Grupo de Extensión (3 persoas). Funcións: facer medrar a Marea; crear calendarios de actuacións (cronogramas); convocar Asembleas de Barrio(neste punto indícase que se fará unha comunicación previa ao Barrio, non unha reunión previa). 
  • Grupo de Comunicación (3 persoas). Funcións: Comunicación interna (entre afíns á Marea, convocatorias Asemblea, mail, etc.), e externa (medios comunicación, notas prensa, etc.). Refírese principalmente á comunicación escrita. 
  • Grupo de Voceiros (3 persoas). Comunicación cara ao público (roldas de prensa, etc.) 
  • Grupo de Redes Sociais (2 persoas). Manter as distintas informacións sobre a Marea actualizadas nas Redes Sociais: Facebook, Twitter, Blog, etc. 
Asignación aos grupos da Comisión:
  • Extensión: César Manso, María Isasi, Fernando Ramos. 
  • Comunicación: Jorge Suárez, Paula Meizoso. 
  • Voceiros: Helga Méndez, Álvaro Montes. Proponse a Miguel Castro como terceiro Voceiro, á espera da súa resposta. 
  • Redes Sociais: Dulce Anca e Francisco Lugrís.
  • En espera a asignación da compañeira Esther Leira, que non puido asistir a esta primeira reunión.
3- Convocatoria da 2ª Asemblea Marea Ártabra en Ferrol.

16 de outubro, ás 20h, no Centro Cultural Carvalho Calero (Praza do Inferniño).

4- Reflexión sobre a posible creación de partido para presentarse ás vindeiras eleccións municipais.

Tema posposto para a orde do día da 2ª Reunión da Comisión Provisional.

5- Outras propostas.

  • Fálase sobre a idea do compañeiro César Manso de comunicar á cidadanía que reflexione e redacte “10 ideas para mellorar a túa cidade”. Coméntase a posibilidade de realizar esta proposta por barrios e por sectores. 
  • Necesidade de crear un posto á entrada de cada Asemblea da Marea con dúas funcións principais: recoller datos de contacto das xentes afíns á Marea; repartir papeis en branco co obxectivo de recoller propostas, dúbidas, preguntas, dos asistentes á Asemblea. 
  • Necesidade de organizar ás Asembleas da Marea cunha orde do día específica, para evitar que se alonguen en exceso: falar principalmente dos temas propostos na orde e tentar chegar a conclusións concretas sobre eses temas. 
  • Convócase a 2ª Reunión da Comisión Provisional para o vindeiro luns 13 de outubro, ás 20h, no Ateneo Ferrolán. 

Orde do día 2ª Reunión Comisión Provisional:
  1. Reflexión sobre a posible creación de partido para presentarse ás vindeiras eleccións municipais. 
  2. Elaborar a Orde do día da Asemblea da Marea do día 16 de outubro. 
  3. Proposta de cronograma do Grupo de Extensión.
Péchase esta 1ª Reunión da Comisión Provisional ás 21.45h.

Mail da Marea Ártabra: mareaartabra@gmail.com
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter