Acta.
Ás 19:30 horas, no C. C. Carvalho Calero iníciase á III Asemblea da Marea Ártabra, con dous homes e dous mulleres na mesa, moderando, tomando acta e presentando a seguinte orde do día:1.- Lectura da acta anterior
- Obxéctase que non houbo acordos na asemblea e si consideracións, o que é aceptado pola asemblea e procederase a cambiar a redacción da acta.
- En xeral hai unha valoración positiva por parte de toda a asemblea, que se saia á rúa a presentar á marea e escoitar as problemáticas concretas de cada barrio.
- Considérase a reivindicación dun parque de vivendas públicas, que se precisa definir a postura da Marea respecto a Recimil.
- Parte do debate céntrase na problemática concreta da Asociación de Veciños. Ratifícase que a Marea comunicará ás Asociacións de Veciños as asembleas de barrio.
- Recálcanse os problemas de comunicación para difundir as asembleas de barrio.
- Valórase que debe constituírse un grupo de traballo específico que volva a Recimil cunha proposta concreta para o barrio
A coordinadora presenta unha proposta de grupos de traballo en sentido amplo:
- Urbanismo
- Emprego
- Servizos
- Educación e cultura
- Muller
- Normalización lingüística
- As catro primeiras son coincidentes coas do Concello e as dúas últimas serán transversais. Considérase importante crear unha estrutura que se vaia enchendo de contido a medida que se incorpore xente á marea. Todos os grupos serán con reunións abertas a toda a cidadanía
- No aspecto organizativo proponse unha reunión semanal da coordinadora, aberta, os luns ás 20:00 horas no ateneo e unha reunión mensual da asemblea da Marea de Ferrol. A coordinadora é un órgano propositivo é remárcase que o órgano decisor tanto no programa, como na organización e na candidatura será sempre a asemblea
- Unha persoa propón engadir un grupo de comunicación e extensión. Dende a mesa faise notar que a coordinadora está subdividida en tres grupos, comunicación, extensión e voceiros da marea. Vótanse as dúas propostas e ante o resultado de empate queda aprazada para a seguinte asemblea a presentación desta proposta. Unha persoa emite voto particular e considera que non se debería constituír ningún grupo por votación nula, o que se fai constar na acta por petición expresa
- Polo que apróbase e é acordo da asemblea constituír estes seis grupos de traballo e a forma de organización da coordinadora e as asembleas.
- Proponse e acórdase abrir un foro dependente da páxina web con tres subapartados: programa, organización, candidatura.
- Comunicación: xa que non toda a xente disposta a colaborar na Marea dispón de correo electrónico, acórdase mellora aspectos da comunicación, con octavillas, cartaces e un buzón da marea que estará en todas as asembleas, asembleas de barrio, grupos, etc. para suxestións e propostas á Marea. Incídese na necesidade de incorporar persoas que reforcen a comunicación.
4.- CronogramaA coordinadora presenta un cronograma xenérico:
- Novembro/decembro: asembleas de barrio e sectoriais
- Xaneiro/febreiro: forma de presentarse, regulamento de primarias, candidaturas
- Marzo: Primarias
Ante a falta de consenso, posponse para a seguinte asemblea o cronograma.
5.- Asembleas de Barrio
Proponse e apróbase o seguinte calendario de asembleas:
- San Xoan: mércores, 5 de novembro
- Ferrol Vello: xoves, 13 de novembro
- Canido: xoves, 20 de novembro
- Santa Mariña: xoves, 27 de novembro
6.- Coordinadora
Convídase a participar na coordinadora do luns 3 de novembro que debe traballar para garantir o éxito da Asemblea de San Xoan e cumprir os acordos da asemblea
Anúnciase a IV Asemblea para o xoves 20 de novembro