Acta.
Ateneo Ferrolán. 10-11-14Asistentes: Montse Garel, Bernardo Lorenzo, Lucía Vizoso, Fran Pita, Jorge Suárez, Esther Leira, Xesús Díaz, Álvaro Montes, María Isasi, César Manso. Posteriormente se incorpora Fernando Ramos
Establécese de mutuo acordo unha orde do día. Modera o debate e levanta acta nesta xuntanza Jorge Suárez.
1.- Valoración Encontro das Mareas de Ames
Cinco persoas do que hoxe están na reunión estiveron na Xuntanza de Ames. Fan unha valoración positiva do que foi a reunión de todas as Mareas, coinciden en que serviu como primeira toma de contacto para expoñer os seus avances e nas futuras reunións agardan que haxa espírito de confluencia.
2.- Entrevista TV Ferrol
O grupo de comunicación informa que chegou ao correo unha solicitude de entrevista para a TV de Ferrol de 25 minutos. Ante a imposibilidade que pon o medio dunha entrevista plural, acórdase que nesta ocasión sexa Álvaro Montes o voceiro da Marea Ártabra
3.- Marea en Ferrol Vello
O Xoves 13 de novembro a asemblea da Marea Ártabra aprobou celebrar unha asemblea de barrio en Ferrol Vello. Acórdase que esta teña lugar ás 18:00 horas na Ranita e, en caso de choiva, no local da AVV
O martes distribuirase a cartelería pola rede e acórdase facer dúas pegadas de cartaces, martes e mércores ás 18:00 horas.
O punto de encontro para estas pegadas será a Praza Vella e as persoas de referencia serán, para o martes, Álvaro e, para o mércores, Xesús.
Toda esta información trasladarase á lista de correo da Marea Ártabra
En canto a presentación da Marea no barrio acórdase que exerzan Montse Garel e Fran Pita de voceiros/as e introdutores/as ao debate ao ter vinculación co barrio.
4.- Grupos de traballo
Acórdase o uso das ferramentas informáticas Drive e dun Foro de Google Groups tanto para o debate como para a exposición definitiva dos documentos programáticos ou organizativos que se vaian acordando e aprobando pola Asemblea.
Incídese na necesidade de completar o que se desenvolva pola rede coas achegas directas dos veciños e veciñas nas asembleas de barrio, xa que moita xente non dispón da tecnoloxía ou coñecementos necesarios para acceder a estas ferramentas.
Acórdase impulsar polo momento catro dos seis grupos aprobados na asemblea, en cada un deles habería algunha persoa responsable que, nesta fase inicial, se encargue de dinamizar os grupos:
- Traballo: Montse Garel e Álvaro Montes
- Urbanismo: Lucía Vizoso, César Manso e Xesús Díaz
- Servizos Sociais: Esther Leira
- Educación e Cultura: María Isasi
Tanto os grupos, asembleas, coordinadoras e todas as xuntanzas serán abertas e non excluíntes, podéndose participar en cantos grupos se desexe.
Todos os acordos serán públicos e publicados na rede.
Os programas serán aprobados pola Asemblea.
Acórdase unha reunión inicial destes catro grupos o luns 17 ás 18:00 horas no Ateneo Ferrolán, para o que se convocará a todas as persoas integrantes da listaxe de correo da Marea Ártabra.
Sen máis temas a tratar, dáse por rematada a xuntanza.