I Asamblea de Barrio da Marea Ártabra : Recimil 23 outubro 2014
Unknown22:19

O xoves 23 de outubro, ás 18 horas, no barrio de Recimil,. fronte o mercado, tivo lugar a primeira asamblea de barrio da Marea Ártabra.

Máis de sesenta persoas se achegaron para falar das problemáticas que perseguen a este histórico barrio ferrolán desde fai moito tempo.
A cidadanía expresou a súa indignación ante a situación e ante as políticas que están a sufrir por parte do goberno municipal do Partido Popular.


Nas vindeiras Semanas se seguirán realizando diferentes asambleas polos barrios ferrolanos e o vindeiro xoves 30 de Outubro, ás 19:30 horas no Carvallho Calero, terá lugar a III Asamblea da Marea Ártabra.
Participa!!

Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter