ASEMBLEA DE BARRIO EN FERROL VELLO
Unknown18:36

Marea Artabra de Ferrol segue a súa rolda de contactos nos barrios da cidade, Xoves 13 de novembro ás 20 horas no local da AVV de Ferrol Vello (Fronte á Ranita).

Construamos xuntos un espazo de participación cidadá, horizontalidade e transparencia, unha alternativa ao sistema que nos mal goberna.

Os gobernos que nos rexen dan as costas ao sufrimento e á desesperación dos nosos veciños e veciñas, que non soportan máis desindustrialización, máis malgasto, máis agresións medio ambientais, máis política social baseada na caridade, máis precarización do emprego e da vida mesma. 
Fronte a esta política que quere converter a nosa comarca nun camposanto industrial, nunha paisaxe futurista desértica, a cidadanía de Ferrolterra debe ter a capacidade de organizarse, de avanzar en rebeldía e tomar o poder para devolver a Ferrol as cores da cultura, da industria, do asociacionismo e do cooperativismo, un Ferrol participativo e con políticas orientadas por e para a xente do común.
É a hora de loitar e vencer!


ANIMATE!! PARTICIPA DA MAREA!!

ESPERAMOSTE!!!

A TÚA VOZ É IMPORTANTE


Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter