Marea Ártabra, Ferrol, mostra rexeitamento total á pintada aparecida na Praza de PortaNova, Inferniño.
Unknown12:32


Desde Marea Ártabra, Ferrol, queremos mostrar o noso rexeitamento total á pintada aparecida na Praza de PortaNova, Inferniño que di:

"4.000.000 DE PARADOS... 4.000.000 DE INMIGRANTES MENOS"

Inferniño é un dos barrios con maior número de estranxeiros, e onde conviven desde hai anos, veciñas e veciños da nosa cidade, nacidos en Ferrol pero tamén un alto índice de de persoas estranxeiras, aínda que ultimamente moitas están marchando.

Nesa praza xogan nenas e nenos de todas as nacionalidades, cunha integración que non deixa ver indicio ningún de discriminación, persoas xoves e adultas que comparten xogos nunha confraternidade de iguais. Nais, pais, avoas, avós, compartindo días de inverno e verán.

E é aí, xusto aí, nesa praza onde aparece a pintada que pretende facer culpables ás persoas inmigrantes de ser as causantes da falta de traballo, non vendo aos verdadeiros culpables, quen fixeron continuos recortes de dereitos, sociais, laborais e civís que afectan a toda a poboación, pero de forma particular aos inmigrantes mediante o endurecemento das leis, os controis policiais, identificacións étnicas e raciais arbitrarias. Esta crise acentúa a desigualdade, e é o caldo de cultivo para que as forzas políticas xenófobas impulsen manifestacións de índole fascista e racista, facendo responsable á inmigración destas problemáticas.

A Marea Ártabra pretende loitar contra a ignorancia, principal piar da xenofobia, facendo visibles e recoñecendo as achegas que os inmigrantes fan a esta sociedade e mais concretamente a esta cidade, xa que non son simples espectadores á hora de axudar e aportar solucións a esta sociedade.

“NON É A INMIGRACIÓN A QUE AMEAZA , É A DESIGUALDADE”

A Marea Ártabra pretende dar a batalla contra a xenofobia e o racismo mediante unha tarefa educativa que articule os principios de igualdade, solidariedade e inclusión social de mulleres e homes, con un proxecto político de cidadáns e cidadás tanto emigrantes como autóctonos.

Grupo de Comunicación da Marea Ártabra


Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter