Marea Ártabra pide a retirada da normativa sobre animais, e que desde a Participación Cidadá se redacte unha nova, máis ampla e consensuada.
Unknown12:40


"A candidata da Marea Ártabra, Lucia Vizoso, denuncia que a ordenanza municipal sobre animais foi redactada desde o escurantismo e sen contar coa participación de asociacións e profesionais vencelladas co mundo dos animais de compañía”.


“A candidata da Marea Ártabra, Begoña Hermida denuncia que esta ordenanza municipal é un claro exemplo de que, en Ferrol, a participación cidadá está metida nun caixón do despacho do actual rexedor, Rey Varela”

As candidatas da Marea Ártabra, Lucia Vizoso e Begoña Hermida, reuníronse onte coa veciñanza que está a recoller sinaturas para que se retire a ordenanza municipal sobre animais. Estas veciñas e veciños trasladaron á Marea Ártabra a necesidade de confeccionar unha nova normativa tendo en conta a asociacións animalistas  e a profesionais de veterinaria, así como á cidadanía en xeral.

Marea Ártabra quere sacar a participación cidadá do caixón onde a ten escondida este goberno municipal, e considera que esta normativa é un exemplo máis de que este goberno non conta coa cidadanía á hora de elaborar normativas para a nosa cidade.

Desde Marea Ártabra pedimos a retirada desta normativa, e que se redacte unha nova desde a participación cidadá, máis ampla e consensuada, onde se regule o papel dos animais domésticos, cos dereitos e obrigacións, que permita unha convivencia que a actual ordenanza non permite.

Marea Ártabra apoia a moción conxunta presentada polos grupos da oposición e anuncia que a nosa candidata Lucía Vizoso e o noso candidato Fernando Armesto acompañarán á veciñanza no pleno do xoves día 30, onde se tratará o tema da normativa municipal.

Grupo de Comunicación da Marea Ártabra


Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter