Estes días o Conselleiro de Industria achegouse a Ferrol para participar nun acto electoral do PP
Unknown17:52


Estes días o Conselleiro de Industria achegouse a Ferrol para participar nun acto electoral do PP, no que o seu candidato sr. Rey Varela prometeu nada máis e nada menos que subvencións de 3.000 euros e outras axudas  a persoas que decidan emprender un negocio en Ferrol,  aínda que esa medida, de facerse efectiva, beneficiaría como máximo a unas 50 persoas.

Ademais de que é lamentable que ese tipo de propostas se fagan en período preelectoral buscando o titular de prensa, dende Marea Ártabra creemos obrigado criticar o seguinte:
  • Que o Sr. Conselleiro de Industria teña dispoñibilidade para vir a ese acto electoral e en cambio apenas atope tempo para reunirse co Comité de Empresa de NAVANTIA e con outros colectivos económicos para tratar de verdade e con compromisos serios e concretos a situación de emerxencia que vive a nosa cidade e comarca en materia de destrución de industrias e polo tanto de emprego.
  • Que a Xunta de Galicia só ofertara no ano 2011 axudas para o auto-emprego ás persoas que perderan o seu posto de traballo e decidirán ser autónomos; aquelas axudas, publicitadas no Servizo Galego de Colocación, apenas alcanzaran a unha pequena parte dos novos “emprendedores” que contaban coas mesmas para a arriscada aventura de montar un negocio en plena crise.

Sen embargo nese ano e no seguinte a mesma Xunta de Galicia concedeu axudas directas e créditos “brandos” que concentraron moitos cartos públicos nun grupo reducido de empresarios amigos do PP; un caso claro é o do empresario Jorge Dorribo, que percibiu case 4 millóns de euros, cometendo fraudes diversos –por exemplo percibindo subvencións por contratar traballadores/as que despois eran despedidos- ata o extremo de ser procesado e ingresado en prisión, e sendo imputados polos mesmos feitos delictivos altos cargos das Consellerías de Industria e de economía e Facenda.
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter