Marea Ártabra presentou as propostas de mobilidade do seu programa para Ferrol
Unknown11:00


Marea Ártabra utilizou onte a estación do tren para denunciar a caótica situación do transporte público en Ferrol e para presentar o seu programa de mobilidade para a nosa cidade.
O candidato á Alcaldia Chema Hernández indicou que “é increíble que se poda tardar prácticamente o doble en chegar de Ferrol a Coruña que de Coruña a Vigo” e demandou con urxencia una intervención na línea férrea entre Ferrol e Betanzos para que o tren poida convertirse nunha alternativa viable para viaxar desde Ferrol.
Baixo o lema “Ferrol non quere perder o tren”, varias persoas da candidatura da lista de Marea Ártabra para as próximas eleccións municipais, denunciaron esta situación de aillamento e tamén que Feve debería convertirse nunha opción para viaxar desde San Sadurniño ate Ferrol, suliñando que Marea Ártabra encargará un estudo serio e viable para que FEVE se convirta nun verdadeiro tren de cercanías que axude a articular un transporte público ao servizo da cidadanía.
José María Hernandez referiuse tamén ao estudo da Universidade de Vigo sobre o transporte público nas sete grandes ciudades de Galicia para denunciar a pasividade do gobernó de Rey Varela tal e como se demostra no feito de que o Concello de Ferrol contribua cun raquítico 1,49% ao transporte público mentras outros Concellos adican mais do 5%, e a discriminación que esta a sufrir a nosa cidade por parte do Goberno do Estado Español que non inviste nada en transporte público na nosa cidade.


PROPOSTAS DA MAREA - MOBILIDADE
  • Marea Ártabra propora á veciñanza de Ferrol a creación dun consorcio público de transporte metropolitano en colaboración co resto de concellos da Comarca de Ferrol dado que consideran que o problema do transporte público trascende á propia cidade de Ferrol para a mellora de redes, facer una política tarifaria máis económica e implantr o abono social, etc.
  • Marea Ártabra tamén aboga pola creación de carrís bici, elaborar un programa de compartir coche e implantar rutas especificas de transporte público para estudantes.
  • Marea Ártabra implantará os roteiros seguros para que os nenos e nenas de Ferrol podan acudir andando ao seu centro escolar.
  • Marea Ártabra corrixirá as barreiras arquitectonicas que a planificación sen conciencia construiu na cidade e ainda pervive nalgúns edificios.
  • Marea Ártabra quere garantir que todos os barrios estén conectados con todos os centros sanitarios a través de transporte público, sen esquecerse dos centros deportivos ou escolares.
  • Marea Ártabra amosan una especial preocupación pola intercomunicación entre barrios, sobre todo para o caso de Canido. Por iso estudarán un sistema de transporte para facilitar a comunicación directa entre a Magdalena e Canido que facilitará que as perosas (maiores, con problemas de mobilidade, etc.) que viven no barrio alto podan acudir ao Barrio da Magdalena ou ao Mercado da Magdalena e viceversa, sen a preocupación de como subir a costa de regreso á súa vivienda.

Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter